Propoñémosvos, que cando rematemos con isto, que remataremos máis pronto que tarde, saiamos a celebralo, nos pequenos comercios que hoxe están pechados e angustiados, nunha campaña conxunta da Asociación de Empresarios de Negreira e mailo Concello, baixo o título de: Reciclamos e conectamos.

 

Saiamos a mercar nas tendas da nosa vila, compremos unhas zapatillas, uns vaqueiros, un billete de lotaría, unhas lentes, algún detalle para o noso fogar que durante moitos días foi o noso refuxio.

 

Vaiamos a nosa perruqueira ou barbeiro, a facernos un novo corte de pelo, ou ao centro de estética a aplicarnos un tratamento, ou unha masaxe co noso físio que xa botamos de menos.

 

Saiamos e levemos aos nosos fillos e fillas ao parque, a mercar un libro ou simplemente unhas chuches.

 

Temos que encher as rúas, os bares e restaurantes, as terrazas... que non se vexan baleiras como estes días, debemos impedir que os autónomos e as pequenas empresas desaparezan.

 

“Queremos celebrar que finalmente podemos saír, que podemos abrir os nosos negocios, que isto pasou e que podemos seguir adiante.”

 

Queremos que para cando todo isto pase, a nosa vila transmita alegría e colorido, para iso propoñémosvos ambientala e decorala, con flores, moitas flores de cores, fagamos nosas propias flores con materiais que teñamos a disposición, materiais reciclados e así, lle damos un novo uso, e se tedes nenos na casa sería unha manualidade para facer en familia.

 

A data exacta non a sabemos, pero temos días para irnos preparando. Animádevos e, sobre todo desfrutádeo! que nos sirva de experiencia para demostrar que xuntos podemos facer cousas grandiosas! E ademais podemos convidar aos nosos familiares e amigos que estiveron traballando durante estes días para agradecerlles o marabilloso traballo e esforzo que realizaron.

 

#reciclamoseconectamos

Empresarios e veciños de Negreira

 

Máis información:

 

https://www.facebook.com/AsociacionEneEmpresariosdeNegreira/

powered by social2s