Martes 5 e mércores 6 de abril, son as dúas datas escollidas para a celebración no Auditorio de Negreira, das dúas fases previa do Club de Debate 2022 que organizan os Servizos de Normalización Lingüística (SNL), dunha serie de concellos galegos, entre eles, os de Negreira, Ames, Teo, Dodro, ou Pontevedra.

 

Na primeira fase, hoxe martes, participan ao longo do día, os equipos de mozos e mozas dos seguintes centros educativos: IES do Milladoiro (equipos A e B); CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); IES de Cacheiras (equipo Papagaios de Cacheiras); e CPI Punta Candieira (Cedeira). A actividade comeza ás dez da mañá e até as dúas da tarde. Tralo descanso para o xantar, a partir das 16:30 horas comeza a segunda parte. O fallo final e entrega de premios terá lugar a partir das 18:45 horas.

 

Xa na xornada deste mércores 6 de abril teremos a oportunidade de ver sobre o escenario, ao equipo Peripatéticos, do IES Xulián Magariños. Participa na segunda fase previa de Negreira cando aos equipos Abrapalabra, do IES de Ames; IES Sagrado Corazón de Praceres (Pontevedra); IES Milladoiro C, e IES Sánchez Cantón (Pontevedra). Haberá un descanso para o xantar de 14:00 a 16:00 horas, e a partir das 18:15 horas celebrarase a entrega de premios.

powered by social2s