As rúas de Negreira ateigáronse de xente este sábado de Entroido para vivir o día grande destas festas paganas nas que o humor e a diversión mestúranse con todo tipo de caracterizacións e disfraces, e tamén para repasar a crónica social e política do ano anterior.
O Concello de Negreira fixo unha firme aposta pola recuperación dun desfile-concurso convertido dende fai moito tempo nunha das grandes referencias na provincia de A Coruña e en Galicia, con máis de 4.400 euros en premios e unha participación que superou as expectativas tras un ano marcado pola pandemia da covid-19, no que se ben é certo que houbo menos comparsas grandes ca antes da pandemia, os participantes superaron en total a vintena, algo moi de agradecer a todxs polo seu traballo e esforzo para sacar adiante as súas temáticas.
Aquí deixámosvos o resultado final segundo o dictame do xurado formado por concelleiras de Ames, Brión e A Baña, e un representante do Concello de Outes:
COMPARSAS
1º premio (1.000€)- Os gaitistas de Hamelín (Ordes)2º premio (500€) – Os Remolóns (Vilagarcía)3º premio (200€) – Nicravisión4º premio (100€) – Tarde, mal e arrastro (Porto do Son)Accésit 1 (60€)– El gran circo italianoAccésit 2 (60€) – Galiza profunda (A Baña)
CARROZAS
1º PREMIO (1.000€) – Le damos colorín al amor y al festín (Vilagarcía)2º premio (500€) – Nicravisión3º premio (200€) – Galiza profunda4º premio (100€) – Exército do Arco Iris (Porto do Son)Accésit 1 (60€) – Sirkvetran (Negreira)Accésit 2 (60€) – Barcala descalada
GRUPOS
1º premio (200€) – Fantasía rural (As sojras)2º premio (150€) – As teixugueiras (Outes)3º premio (100€) – Capeando o temporal (Negreira)INDIVIDUAIS/PARELLAS1º premio (100€)– Mundo máxico de Pinocho (Negreira)2º premio (80€) – Xan e pericán3º premio (50€) – A nosa maxiaPremio simpatía “Juan Varela Areoso”Barcala descalada (60€)
Imaxes: ABRAHAM FOTÓGRAFAS