A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e mailo 25 de febreiro de 2019, viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, de cara a fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas, de entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios da provincia, e estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.

Negreira participará na primeira quenda, do 25 ao 28 de xaneiro, xunto con A Baña, Ames ou Val do Dubra. As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A inscrición pódese formalizar na Delegación de Cultura e Deportes ata o día 10 xaneiro, onde deben presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante

A ficha de inscrición e toda a información correspondente á Campaña de Esquí 2019 poderase descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes

powered by social2s