ardeiro191218.jpgO Concello de Negreira convocou para o xoves día 20 de Nadal, ás 19:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o acto do fallo do VII Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", cuxo poemario gañador será editado e publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademáis, e por segundo ano consecutivo, o gañador opta a un premio económico por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o finalista.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deben ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición, alcanzouse un número de 24 traballos presentados, entre os cales, o xurado elixiu a dous finalistas.

 

O xurado do VII Certame de poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, está formado por José Antonio Ponte Far, escritor; Xulio López Varcárcel, poeta; María Rey e María Sandez, profesoras do instituto Xulián Magariños, e Diana Varela.

 

O acto contará coa asistencia do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; e de Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Para pechalo acto contarase coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol.

powered by social2s