A compañía galega A Xanela do Maxín levou a cabo a preestrea do seu espectáculo: Coliño; unha obra musical e sensorial para a primeira infancia e que foi creada a través dunha residencia desenvolvida no Auditorio Afonso Eanes do Cotón. A obra, dirixida ao público familiar con crianzas dende os seis meses ata os tres anos, dirixida por Celtia Figueiras e Topo Vidal, e con música de Lois Prado. Conta co apoio económico do Agadic da Xunta de Galicia. Ten unha duración de corenta minutos.
Trala preestrea en Negreira, a súa estrea oficial foi programada para este domingo na cidade de A Coruña, no Centro Sociocultural Ágora, para a cal xa están todas as entradas esgotadas, a un prezo de 6 euros. É unha das actividades do festival Bebescena 2023 que promove o Concello da Coruña.
A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos en Galicia profesional, que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil.
Ficha artística:
- Intérpretes: Celtia Figueiras, Topo Vidal e Lois Prado
- Autoría: José Manuel Breijo "Topo Vidal"
- Dirección e adaptación: Celtia Figueiras e Topo Vidal
- Escenografía e deseño de iluminación: Daniel Rodríguez
- Deseño son: Lois Prado
- Vestiario: Celtia Figueiras
- Música: Lois Prado