O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación de horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.
Autorízase a ampliación de dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local; na madrugada do sábado 18 de febreiro e o domingo 19 de febreiro de 2023, con motivo da festividade do Entroido barcalés.