portada_muineira29052019.jpgUnha ducia de agrupacións folclóricas da provincia participan este sábado no XXVII Día da Muiñeira, de Negreira, e no XXIII Concurso folclórico, baixo a organización do Concello de Negreira e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón.

 

O desfile con preto de 500 participantes sairá ás 17,00 horas do Campo dá Feira. Unha hora despois, na praza do Concello, comezará o baile conxunto da muiñeira por parte de todos os grupos participantes. As escolas de danza tradicional de Negreira teñen o seu colofón nesta xornada de exaltación do folclóre galego que anualmente ten lugar en Negreira.

powered by social2s