Catro días completan o programa da semana grande do verán na vila de Negreira, do xoves 7 ao domingo 10 de xullo, cun dos mellores programas que se lembran, e promovido pola Asociación de Festexos de Negreira coa colaboración do Concello de Negreira.
Xoves 7.- Verbena amenizada pola orquestra Olympus de Negreira, e maila formación New York, a partir das 11 da noite na praza do Concello.Venres 8.– Pasacalles coa charanga Tíralle do aire e pola noite, espectacular verbena coas orquestras París de Noia e Finisterre.Sábado 9.- Pasacalles cos Gaiteiros da Baña, quenes acompañarán a procesión motorizada que inclúe concentración no campo da feira, ás 11:30 horas, e misa solemne ás 12 horas na capela do Cotón, e a partir das 13:30 horas o comezo da procesión polas principais rúas da vila.
A partir das 15:00 horas sesión vermú co dúo Rosán, no Refuxio de Cobas, seguida do xantar de confraternidade, con xogos inchables, festa da escuma e toro mecánico. Organizado pola Asociación de Transportistas de Negreira.
E ás 15:30 horas, no campo de fútbol Jesús García Calvo terémola proba da Liga Autonómica de Agility, mentres que pola noite haberá o concerto do grupo De Vacas na praza do Concello, seguido da disco móbil Chocolate.
Domingo 10.- Ás 9:30 horas comezo da segunda xornada da Liga Autonómica de Agility no campo Jesús García Calvo, e celebración do Día do Neno nas atraccións da festa (prezos reducidos). Ás 19:30 horas chega o fin de festa co concerto na praza do Concello a cargo da Banda de Música Ateneo de Negreira.