Proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de emprego: "Constrúe en verde 2023"

 

Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas candidatas a docentes, titor/a e director/a do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023. 

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

30 de novembro

Fanse públicos os resultados provisionais totais do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro dual Constrúe en verde 2023. 

O prazo para presentar alegacións estará aberto ata o venres 1 de decembro ás 14.00 horas.

Os resultados poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

29 de novembro

Fanse públicos os resultados da proba escrita do alumnado-traballador preseleccionado para o obradoiro de emprego dual Constrúe en verde 2023.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto ou premendo nesta ligazón

 

22 de novembro

Fanse públicos as bases do obradoiro dual de emprego Constrúe en verde 2023 poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste ligazón.

 

powered by social2s

montes221123.jpg

 

O Concello de Negreira participa nunha nova acción formativa englobada no Obradoiro de emprego Constrúe en verde 2023 que está promovido polo Concello de Santa Comba, e coa colaboración dos concellos de Negreira, Val do Dubra e A Baña, quenes contan cunha achega económica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización deste taller para 20 alumnos/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas:

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (Agaro309)

- Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción (EOCB0109) e Operacións auxuliares de albanelaría de fábricas e cubertas (EOCB0208).

 

Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Alí, serán preseleccionados aqueles que demanden algún dos seguintes servizos: Escolas taller (320); Casa de oficios (330); Taller de emprego (340), e Outros programas de emprego formación dual (370).

 

Os destinatarios deste obradoiro deberán ter os 18 anos cumpridos para poder participar no mesmo.

 

Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose á citada oficina, e pedindo cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 

Tamén poderán inscribirse a través da oficina virtual do SPEG.

 

Prazo máximo de inscrición: venres, día 24 de novembro ata as 12:00 horas.

A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio é para o día 11 de decembro de 2023.

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego dos concellos participantes:

Concello de Val do Dubra (981 889 000) / Concello de Negreira (881 035 150) / Concello da Baña (981 886 501) e Concello de Santa Comba (663 728 782).

 

powered by social2s

nova.png

👋 Ola veciñanza!!!

 

🌎 Preocúpache o #cambioclimatico?

 

💚 Es dos que pensa que con pequenos xestos podemos mudar a conciencia dos cidadáns en favor dun planeta máis #sostible?

 

🌱 Gustaríache axudar á política medioambiental do teu Concello e que #Negreira reduza a súa pegada de carbono cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da #ONU?

 

🏃 Pois xa estás tardando!!!

 

🕔 Só che roubaremos cinco minutos.

 

📝 Cubre o seguinte FORMULARIO. As respostas achegaranse ao equipo redactor do Informe de Seguimento do #PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible) de Negreira, que incorporará o parecer da veciñanza ao documento que rexerá a nosa folla de ruta para reducir as emisións de CO2 e adaptarnos ao cambio climático nos vindeiros anos.ç

 

💪 Participa e convirte a Negreira nun actor máis contra o cambio climático!

 

O enlace: https://forms.gle/P9YvaY71BjgwfMvx6

 

 

 

powered by social2s

escaparate_221123.jpg

O Concello de Negreira convoca o IV Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.

As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.

 

¿Como inscribirse?

 Mediante un email a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:30 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no número de teléfono: 981 885 886.

 

Período de inscricións

Dende o 23 de novembro ás 14 h do venres 12 de decembro.

 

Categorías de participación

a) Particulares

Poderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).

b) Establecementos

Poderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.

 

Duración do concurso

A decoración deberá estar colocada dende o día 15 de decembro de 2023 ata o día 8 de xaneiro de 2024, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.

 

Premios

Outorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función da puntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cada un: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.

a) Particulares

1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

3º premio: Cesta de produtos

b) Establecementos

1º premio: 400 €

2º premio: 150 €

3º premio: Cesta de produtos

 

Consulta toda a información detallada nas Bases do concurso

 

powered by social2s

merca1.jpg

Negreira adianta a chegada oficial do Nadal coa celebración do seu tradicional Mercado de Nadal, este ano coa novidade de que estará instalado no pavillón do colexio O Coto. Agárdavos unha ampla variedade de artesanía, agasallos para estas festas, xogos, ou un espazo propio para alimentación e bebidas. E inauguramos o Nadal en Negreira, o sábado tarde-noite, coa actuación da escola de Latexo Percusión.

 

Para a rapazada haberá un inchable e obradoiros de Nadal gratuítos e, dentro da oferta do mercado: lámparas de cera; libros, mangas e cómic; produtos ecolóxicos; xoias botánicas; amigurumis deseñados exclusivamente para o noso mercado; esculturas de alambre; complementos en coiro e textil; madeira grabada; xoguetes…

 

Este ano no Mercado de Nadal tamén incluímos unha serie de postos solidarios de asociacións de Negreira para recadar fondos.

 

merca2.jpg

Programación

Venres 8 de decembro

12:00 - Inauguración

18:00 – Actuación do mago Charlie Brown

19:00 – Xogos con premio especial

19.30 – Actuación musical grupo D-3

Sábado 9 de decembro

12:00 – Actuación do grupo infantil da Escola Municipal de Pandeireta

18:00 – Actuación de baile Veiga do Cotón

18:30 – Patinada a ritmo de panxoliñas

20:00 – Batucada coa escola de Latexo Percusión

21:00 – Peche do mercado e acendido da iluminación de Nadal, na rúa

Domingo 10 de decembro

12:00 – Actuación do grupo de adultos da Escola Municipal de Pandeireta

13:00 – Pandereteiras e gaiteiros de Avania

17:00 – Actuación de Os Garuleiros

18:00 – Peche do mercado

 

powered by social2s