concertos150519.jpgO Concello de Negreira presentou hoxe un avance dos artistas confirmados para os concertos do Verán Cultural como son: Roi Casal; Sés; Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e as pandereteiras de Leilía.

 

O primeiro en actuar será o músico Roi Casal, co seu espectáculo ¨Son galego, son cubano¨, o sábado 13 de xullo, dentro do programa das festas de San Cristovo. Seguiralle unha das artistas máis seguidas do panorama galego como é a cantante coruñesa María Xosé Silvar, Sés, quen actuará coa súa banda en Negreira o venres 19 de xullo pola noite, sendo cabeza de cartel do festival Nicrarock.

 

E na Noite Folk repite Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, quenes actuarán o sábado 17 de agosto no Refuxio de Covas, xunto coa actuación das pandereteiras Leilía, quenes regresan ao festival folk no que xa actuaron hai uns anos.

powered by social2s