Décima edición dun evento que reúne ao mellor do deporte negreirés a quen o concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, Iván Guardado Porto deu a benvida: “Temos a oportunidade de recuperar o recoñecemento ao traballo dos nosos deportistas e clubes para poner en valor todo o esforzo que realizan”, salientou o responsable da área deportiva municipal.
A Gala do Deporte recoñeceu o labor d@s nos@s deportistas, clubes e persoas e entidades que tanto contribúen a levar o noso deporte ás máis altas cotas a nivel autonómico e nacional:
- Mellor club: Club Atletismo Negreira
- Colaborador: José Antonio Suárez Otero
- Mellor promesa masculino: Jun Sieira Gerpe
- Mellor promesa feminina: Margarita García Tatis
- Traxectoria club: Club Petanca Negreira
- Mellor traxectoria: Ainhoa Rodríguez Fernández
- Recoñecemento especial: Andrés Domínguez Silva
- Mellor deportista 2021: Alba Pérez Nieto
Mención especial á presenza do padriño da Gala, Ezequiel Mosquera, ex-ciclista profesional e impulsor de O Gran Camiño Cycling, quen foi obsequiado polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez. Agradecemos tamén a presenza de Blas García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña e alcalde de Ames; de Isidoro Hornillos Baz, presidente da Federación Galega de Atletismo, así como da alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez; do alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, e do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, así como concelleir@s de Deportes dos citados concellos veciños pola súa asistencia.
Imaxe: ABRAHAM FOTÓGRAFAS