foto1

O Concello de Negreira acaba de recepcionar un total de 1.750 máscaras, mediante 35 caixas de 50 unidades cada unha, nunha doazón que forma parte da campaña do Goberno de España en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para a contención da pandemia da Covid-19, a través do envío xestionado pola Deputación da Coruña.

 

Esta axuda de material de protección estáse a entregar a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes, cun total de 117.000 unidades, cuxo reparto está fixado en proporción ao número de habitantes de cada municipio.

 

A prioridade establecida polo Goberno de España e maila FEMP é para o seu reparto entre os colectivos cidadáns máis desfavorecidos, xunto a empregados municipais de servizos como axuda no fogar, ou de limpeza e residuos sólidos.

powered by social2s