nadal_ludico_2023.jpg

O Concello de Negreira facilitará a conciliación familiar e laboral durante as festas co seu programa Concilia Nadal lúdico, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023, e do 2 ao 5 de xaneiro de 2024. A iniciativa, que xestiona o Centro de Información á Muller, está dirixida a idades de 3 a 12 anos e o horario da actividade será de: 08:30 a 14.30 horas e desenvolverase no Centro Sociocultural.

 

As inscricións deben formalizarse presencialmente no Centro de Información á Muller (CIM), do 14 ao 24 de novembro e para maior información poden chamar aos números: 981 886 320 ou 881 035 154.

 

É requisito indispensable estar empadroados en Negreira.

 

powered by social2s

Foto alumeado.jpg

 

O Concello de Negreira está acometendo unha nova fase da renovación do alumeado público na avenida de Santiago, con financiación ao 100% do Fondo de Compensación Ambiental a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Xunta de Galicia.

O montante de adxudicación ascende a 49.100 € e resultou adxudicataria do contrato a firma Hallmann Energie SL. O presente proxecto inclúe a instalación de 10 puntos de luz con tecnoloxía LED de tipo ambiental, entre a rotonda da propia avenida e maila ponte sobre o regato de Duomes.

Os novos puntos de luz, de aceiro inoxidable, teñen unha altura de 5,35 metros e está previsto a retirada dos antigos puntos de luz e as súas cimentacións ao longo do treito en renovación.

 

powered by social2s

Foto principal.JPG

Con motivo da XLII Carreira Internacional “A Clásica” de Negreira, este domingo día 5 de novembro, infórmase á cidadanía e visitantes, dos cortes e rúas con limitacións pola celebración do evento, así como as zonas onde quedará prohibido estacionar dende a tarde do sábado.

 

A principal recomendación é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas.

 

A qué horas?

O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.

 

Zonas afectadas

Con saída da rúa de Castelao, continúa polo instituto Xulián Magariños, parte alta de Rosalía de Castro, avenida das Brañas, rotonda de Ceilán –só un carril-, Pedra Mámoa, Cobas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e chegada de novo a rúa de Castelao.

 

Rúas cortadas

Totalmente cortadas estarán a rúa do Carme, a rúa de Castelao e maila contorna do instituto Xulián Magariños.

 

Prohibido aparcar

Dende a tarde do sábado día 4 non se poderá estacionar na rúa de Castelao, na rúa do Carme, e maila marxe esquerda da rúa da Cachurra e a contorna do IES Xulián Magariños.

 

Entradas a Negreira

Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Cobas.

 

Zonas libres

Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Pontenafonso e Urdilde –zona do campo da feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte das vacas, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona.

 

Percorrido.jpg

 

powered by social2s

Salón de plenos.jpg

Convocada a Corporación municipal de Negreira a unha sesión ordinaria do Pleno, a celebrarse o luns, día 13 de novembro de 2023, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello e con arranxo á seguinte Orde do día:

 

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 259/2023 ó nº 312/2023, ambos inclusive.

Segundo.- Adhesión, se procede, ao Plan xeral de prevención de riscos e medidas anti-fraude da Deputación Provincial da Coruña (PREMADECOR).

Terceiro.- Aprobación provisional, se procede, da modificación das tarifas dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e depuración de augas residuais.

Cuarto.- Rogos e Preguntas.

 

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

RELATOS 25 N .jpg

O Concello de Negreira abre hoxe o prazo de presentación de traballos que opten ao XIII Concurso “Loita contra a violencia de xénero”, no que a través do Centro de Información á Muller (CIM), a mocidade menor de 18 anos pode entregálos ata o xoves 16 de novembro de 2023. Os traballos poden ser escritos tanto en galego como en castelán con tres modalidades: relatos curtos; cartaces gráficos e curtametraxes.

 

A temática das pezas será a loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións: física; psicolóxica; sexual; económica, ou estrutural; así como os efectos e consecuencias da mesma en todas as persoas que a sofren.

 

As persoas que resulten gañadoras recibirán un vale agasallo por importe de 100 euros a utilizar nalgún comercio de Negreira. Os traballos deben ser entregados no Centro de Información á Muller, facendo constar o nome, dirección e teléfono de contacto. Deben ser traballos inéditos e non premiados noutros certames.

 

Datos adxuntos:

https://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/administracion/publicacions-oficiais/3318-bases-concurso-loita-contra

powered by social2s