Este venres, día 27, celebrarase o Festival de Folklore de Negreira no patio interior do CEIP O Coto ás oito da tarde. Actuarán o grupo de Baile Xilbarbeira, de Boiro, a Colha de Santa María de Mijarán, do Vall d’Arán, e a Asociación Folklórica Veiga do Cotón de Negreira. A asistencia ao festival é de balde, máis cómpre rexistrarse nunha ligazón dispoñible nas redes sociais do Concello de Negreira.

Ao día seguinte, sábado 28, actividades urbanas e actuacións musicais no Wakau Urban Fest. A Vella Escola de Noia organiza mostras de graffiti, parkour, skate park e waterslide ás cinco da tarde e obradoiros de DJ, de estampación de camisetas e de breakdance ás seis e media. A partir das dez e media da noite, o patio interior do CEIP O Coto acollerá as actuacións de Monoulious DOP, FØ Records, Siete Veinte e Bassi.

O domingo 29, espectáculo de maxia na praza do Concello co gran David Maestro. O mago, coñecido a nivel nacional polas súas numerosas aparicións en programas de televisión, presentará a X Gala de Maxia para todos os públicos e xogará coas mentes dos achegados facendo un espectáculo de ilusionismo incluido na súa xira máxica de verán.

 

powered by social2s