CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Parque Empresarial

O Parque Empresarial de Negreira é unha das firmes apostas do goberno municipal. Construido pola firma pública Xestur Coruña e recepcionado polo Concello de Negreira, en outubro de 2011.

A situación xeográfica de Negreira foi un dos principais atractivos para a implantación desta Plataforma Loxística do Sergas en territorio de Negreira, xa que conta cunha circunvalación que fai que non sexa necesario atravesar o núcleo urbán para sair e chegar ao polígono. Esta circunvalación comunica co municipio de Ames, onde enlaza coa autovía Santiago-Brión (AG-56), á altura de Bertamiráns; e a súa vez coa VAC Brión-Noia. Conta con saída directa á AC-552 A Coruña-Fisterra, e á futura autovía Carballo-Berdoias. Conta ademáis cunha superficie total de 141.200 metros cadrados.

CARACTERISTICAS

Acceso fácil e directo a rede principal de estradas de Galicia

Amplos viais internos de dobre sentido. No seu interior o parque dispón de catro amplas zonas de aparcadoiro de vehículos, con prazas para minusválidos e unha zona especial para aparcadoiro de camións.

Distancias en Qms. e minutos

  • A Coruña 99,2 (77')
  • Lugo 156,2 (117')
  • Ourense 120,4 (108')
  • Pontevedra 77,2 (64')
  • Ferrol 117,4 (92')
  • Santiago 22,2 (15')
  • Vigo 103,2 (80')
  • Lavacolla (Aerop. Santiago) 31,2 (27')
  • Alvedro (Aerop. A Coruña) 92,2 (72')
  • Peinador (Aerop. Vigo) 103,2 (85')
  • Porto de A Coruña 99,2 (77')
  • Porto de Vigo 90 (80')
  • Porto de Vilagarcía 55,3 (60')

INFRAESTRUCTURAS

Transporte terrestre

Conta cunha ampla rede viaria que comunica mediante a estrada AC-544 e a AG-56, a Negreira con Santiago de Compostela, a menos de vinte quilómetros, e dende alí pódese enlazar coa Autoestrada do Atlántico (AP9), que une Ferrol con Tui, enlazando A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo, co norte de Portugal.

Infraestruturas portuarias

Negreira está próxima aos principais portos galegos, a casi a mesma distancia de todos. O de Vigo a 90 qm. e o de A Coruña, a 95 qm. Algo máis afastado, a 112 qm. conta tamén co de Ferrol.

Infraestruturas aeroportuarias

Conta coa proximidade do aeroporto internacional de Lavacolla (Santiago), a 22 qm. Alvedro (A Coruña), a 95 qm.

DOTACIÓNS

O parque conta cos máis modernos servizos requiridos polas empresas mediante:

  • Conta con todos os servizos básicos.
  • Zonas verdes públicas e dotacionais.
  • Servicios de atención municipal para recollida de basuras.
  • Punto Limpo xa en funcionamento no polígono industrial.
  • Abastecemento e Saneamento

O parque empresarial conta con servizo de saneamento e auga potable. Existen bocas de rega separadas un máximo de 100 m, así como unha rede de hidrantes contraincendios en arquetas separados un máximo de 200 m.

Rede de enerxía eléctrica

Todas as parcelas con posibilidade de subministración de B.T. e M.T.

Telecomunicacións

Capacidade para a subministración de todos os servizos dispoñibles polos operadores.

FACILIDADES

Ademáis das facilidades de pago de Xestur o goberno municipal adaptou as súas ordenanzas para poder subvencionar o máximo que a lei permite tanto o I.B.I. como o Imposto de construccións (ICIO) según os postos de traballo e empresas novas que se creen.

Negreira conta ademáis con todos os servizos necesarios como colexio e instituto, centro médico, garderías, Oficina da Seguridade Social, Oficina de Extensión Agraria, Policía Local, Garda Civil, varias oficinas bancarias e uns prezos de venda e alquiler moi asequibles. Pódese alquilar un piso dende 180 € ao mes ou un local comercial dende 350 € .

Hai pisos de segunda mán á venda dende 44.000 € ou novos dende 55.000 € e todo isto a 15 minutos da capital de Galicia, ou a 10 minutos de Bertamiráns, o que fan de Negreira un lugar único para vivir e traballar.

LIGAZÓNS

Xestur Galicia

 

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA