DSC 2093

O Servizo de Atención Temperá, da agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra, está atendido por catro profesionais: unha logopeda; unha psicomotrocista; unha terapeuta e unha psicóloga clínica. Actualmente, soporta a segunda maior cifra de usuarios con diversidade funcional de toda Galicia. Segundo a súa coordenadora, María Jesús Cao Meitín, falamos de arredor de 65 usuarios, centrándose o seu labor en idades entre cero e seis anos.

 

Este servizo, un dos máis importantes que presta actualmente o concello, colabora coa Asociación Xanela, integrada por traballadoras do ámbito da educación social e pedagóxica, na posta en marcha dun proxecto piloto de apoio á diversidade funcional, creando espazos seguros e de axuda, e que foi presentado en Radio Negreira.

 

Este proxecto consiste na creación dun “Espazo seguro”, na Casa do Concello, que é empregado como referencia cando unha persoa se sinta desorientada ou perdida e, en segundo lugar, unha serie de puntos de axuda que estarán en distintos locais participantes no proxecto. Estes puntos de axuda –arredor de 55 en Negreira-, están sinalizados cunha pegatina a través dun pictograma e conten un código QR con información relativa ao proxecto: Unha mirada hacia a diversidade funcional: Espazo seguro. A iniciativa persegue a inclusión.

 

Conversa en Radio Negreira:

https://bit.ly/3xPce54

 

 

powered by social2s