O subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade aprobou, un protocolo de prevención nos cemiterios de Galicia ante a festividade de todos os santos e defuntos, tendo en conta que esta xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto periodo de tempo, moitas delas vulnerables, ou o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais.

 

Medidas de protección persoal

Evitarase o contacto físico e hai que cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal. O protocolo lembra a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.

 

Medidas organizativas

Ampliarase os horarios de apertura coa fin de esparciar as visitas e evitar as aglomeracións, e establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.

 

Ademais, organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do cemiterio.

 

Medidas de desinfección e información

O protocolo de Sanidade establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etec, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada de recintos, lugares de maior tránsito ou aseos).

powered by social2s