TURISMO

 

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Presentación

Negreira, a capital de Barcala, é unha vila cunha situación privilexiada xa que tan só está a vinte km. da capital de Galicia. Negreira é un pobo hospitalario que ofrece os seus veciños e visitantes unha gran variedade de servizos dentro dun marco rural e artístico inigualable.

Cunha economía sustentada na agricultura e na gandería, debido as melloras nas vías de transporte, cada vez son máis os veciños que traballando na cidade optan por residir nesta Vila. Esta situación favoreceu a construción de numerosas vivendas e polo tanto a ampliación do rueiro.

Negreira ofrece ós seus veciños a tranquilidade e sociabilidade da vida nunha poboación rural, a vantaxes da vida no campo, un marco de moita beleza tanto natural como artística (o Pazo de Cotón, o Pazo de Chancela...) e os servizos dunha capital.

Negreira facilita as familias unha ampla variedade de servizos entre os que destacan os educativos, xa que ademais de escolas de Primaria e Secundaria, hai unha Escola de Música, de Educación Infantil e unha Fundación para discapacitados... Esta ampla oferta educativa vese completada con abundantes servizos sanitarios, administrativos, sociais e xudiciais, facendo de Negreira un lugar de residencia privilexiada.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA