As familias con crianzas da comarca de Barcala celebrarán a súa Festa do Apego, o programa de socialización das crianzas coa lingua galega dende idades temperás, o venres día 1 de xullo, na área recreativa de Cobas.
As familias con crianzas están chamadas a participar nas actividades promovidas dende o Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, co apoio da Deputación da Coruña e mailos concellos barcaleses.
Programa
A partir das 17:30 horas teremos unha actuación de contacontos a carón da fiestra con Os Trotaventos, e unha hora despois será a quenda para a actuación de Música Miuda. Completarán o programa festivo os xogos populares a cargo de Biosbardos.
No caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Negreira.