Obra_portada310519.jpgO alumnado e profesorado do módulo de Turismo do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, e mailo técnico municipal de Turismo, acompañados polo arquitecto municipal, Alfredo Varela, e mailo tenente de alcalde en funcións, Manuel Ángel Leis, realizaron unha visita a diferentes restos arqueolóxicos da zona alta do concello como os restos do castelo de San Martiño, a calzada romana da Brea, en A Devesa, ou ás zonas onde se atopan os restos de mámoas como a de Espiñaredo, na chaira do monte Corzán. Tamén estiveron a ver a ponte da Pedra, en Vilar de Ordoeste.

powered by social2s