carreira2017saida.jpgO atleta marroquí Jaouad Chemlal, do equipo Playas de Castellón, segundo clasificado na recente 38ª Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, acadou a vitoria na 10K de Valencia este pasado domingo cun tempo en meta de 28 minutos e 43 segundos.

  chemlal.jpg

 

Pola súa banda, o seu compatriota Jaouad Tougane, olímpico en Río de Janeiro 2016 e terceiro na 38ª Carreira Popular de Negreira, obtivo un destacado segundo posto na prestixiosa 38ª edición da Carrera Popular de Canillejas, en Madrid, despois de estar escapado desde o quilómetro 4 da proba. Jaouad Tougane cruzou a liña de meta en 29 minutos e 15 segundos, a sete do vencedor, o seu compatriota Zakaria Mazouzi.

  corredores211117.jpg

 

En canto ao maratoniano negreirés Jorge Crespo Arias, uns problemas no cuádriceps impedíronlle rebaixar a súa mellor marca na Maratón de Valencia celebrada na capital do Turia o pasado domingo. Jorge entrou no posto 57 da xeral, sendo o undécimo clasificado na súa categoría de Veterán Masculino, cun tempo final de 2 horas, 28 minutos e 24 segundos, fronte a súa mellor marca de 2016: 02:24:46.

 

Clasificación local

 

Asemesmo, deixámosvos as clasificacións finais dos corredores de Negreira na 5K, 10K, así como nas probas Infantil-Alevín, e Benxamín, da 38ª Carreira Popular de Negreira "A Clásica¨, celebrada o domingo 12 de novembro.  

 

powered by social2s