gdr.jpg

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, participou cando a outros rexedores e maila directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, no recoñecemento da Xunta ao labor desenvolvido nos seus 15 primeiros anos de existencia polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, que xestiona fondos da Unión Europea (UE), a través de estratexias do programa Leader.

 

De devandita asociación forman parte os concellos de Negreira, A Baña, Santa Comba, Val do Dubra, Ames, Brión, Boqueixón, Santiago, Teo e Vedra. Ao longo desta traxectoria de quince anos, o GDR Terras de Compostela financiou 142 proxectos, que mobilizaron arredor dos 19 millóns de euros, segundo precisou a súa presidenta, Guarina Rey.

 

Manuel Ángel Leis Míguez, mandatario negreirés, subliñou que acaban de asinar un convenio para desenvolver o Plan de Sostibilidade Turística en Destino “e unha das importantes novas de cara ao inicio de 2024 é que o GDR Terras de Compostela estará en Fitur”.

 

 

powered by social2s