Os Concellos de Negreira e Ames suman unha vez máis esforzos na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Ponte Maceira. Con tal motivo celebraranse “As Noites en Vela” un ano máis.

Será o sábado 23 de xullo e contarase coa actuación da formación 𝗔𝘀 𝗠𝗮𝗶𝗮𝗻𝗮𝘀 ás 9 da noite e o 𝗚𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗖𝗮𝗹𝗱𝗼 ás 10. Ao rematar haberá unha sesión de fogos de artificio e o acendido de 300 velas no entorno da Ponte Maceira.

Esta noite convértese así nunha cita ineludible no entorno do vello viaduto de pedra, único lugar da Provincia de A Coruña incluído en “Los Pueblos Mas Bonitos de España”.

A Ponte Maceira foi declarada “Ben de Interese Cultural” no ano 2016, valorando especialmente a súa antigüidade e calidade construtiva.

vela19072022.jpg

powered by social2s