Este martes 23 de xuño ábrese o prazo para solicitar a participación nos cursos de natación na piscina municipal ao aire libre, e mailos obradoiros Diververán 2020. A inscrición debe realizarse presencialmente na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14 horas.

 

Os cursos de natación presentan unha novidade importante, pois tan só serán dun mes, entre o día 8 de xullo e mailo 8 de agosto, polas mañás.

- Grupo primaria (100 prazas), de 10:00 a 13:00 horas

- Natación para bebés (15 prazas), de 13:00 a 13:30 horas

 

Para a inscrición debe entregarse a ficha cuberta e mailo pago de 8 euros, coa recomendación de levar o prezo xusto.

 

No caso dos obradoiros Diververán, ofértanse 20 prazas limitadas en cada quenda, por orde de anotación, durante os meses de xullo e agosto polas mañás no Centro Sociocultural.

- Nados do 2015 a 2017 de 10:30 a 12:00 horas

- Nados de 2011 a 2014 de 12:00 a 13:30 horas

 

As familias interesadas deben anotarse antes do 30 de xuño de forma presencial, na Delegación de Cultura e Deportes, debendo entregar as fichas cubertas e mailo importe xusto de 15 euros por cada participante.

Attachments:
Download this file (Diververan.jpg)Diververán
Download this file (Natacion.jpg)Natación
powered by social2s