Lémbrase á cidadanía en xeral, que o Concello de Negreira ten un regulamento que sanciona como infracción grave, os verquidos de material de refugallos de obras e pneumáticos, en espazos naturais: Regulamento de Protección Medio Ambiental, Limpeza pública e de recollida do lixo (ano 2008). As sancións van desde os 750 ata os 1.500 euros, aos propietarios das mesmas.

 

Nas últimas semanas vén comunicándose ao Concello a existencia de numerosos puntos de verteduras incontroladas, sendo localizadas polos axentes da Policía Local quenes abriron os correspondentes expedientes e procederán a remitir as multas aos propietarios, se unha vez finalizado o expediente non procederan a retirar ditos refugallos.

 

Igualmente, queremos lembrarlle á cidadanía que o Punto Limpo atópase a súa disposición no seguinte horario: de luns a sábados, de 10:00 a 14:00 horas, e os venres con apertura de tarde, de 16:00 a 20:30 horas. No Punto Limpo non se recollen refugallos de obra a profesionais, e a particulares, faise nunha cantidade pequena.

 

Ademais, o Concello de Negreira dispón dun servizo de recollida a domicilio de voluminosos e outros enseres, unha vez por mes. É necesario chamar ao Concello, a través do número de teléfono: 981 885 250.

powered by social2s