Youtubeiras recupera neste 2021 a gala presencial, que este ano se celebrará na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames, o venres 26 ás 20.00 horas. Os convites para asistir como público están dispoñibles a través de: abilleteira.concellodeames.gal. A gala será presentada polo grupo Tanxugueiras.
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo, e da Deputación da Coruña.
Desta quinta edición dos galardóns, a organización destaca dous trazos fundamentais común dos vídeos e canles participantes nesta edición: un notable aumento na calidade técnica e de contidos, e unha importante ampliación das temáticas tratadas. Os videoblogs, os deportes, as viaxes, a identidade, a sexualidade, a cociña, os xogos e a música son os principais asuntos que se abordan con máis regularidade entre as youtubeiras e youtubeiros, que constitúen unha “comunidade en pleno proceso de expansión e consolidación”.
Explicouno así Carme Pereiro, coordinadora dos Premios Youtubeiras, quen anunciou a relación de finalistas, na que tamén participaron Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames; María Muíño, deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, e o grupo Tanxugueiras.
Deliberacións
O xurado, constituído polo sociolingüista Fernando Ramallo, o xornalista Adrián Lede, a profesora de lingua galega Noemí García, a realizadora e directora do Carballo Interplay Sonia Méndez e Esther Estévez, xornalista e responsable do #DígochoEu da Televisión de Galicia, reuniuse en Pontevedra a semana pasada para escoller a relación de finalista en once das doce categorías, xa que o Premio do Público vén determinadopolos votos emitidos polos/as internautas nas redes sociais de Youtubeiras. Segundo a acta, o xurado valorou positivamente tanto “a cantidade como a calidade” das canles presentadas e tamén salientou “a existencia dunha comunidade asentada de referencia para o Youtube en lingua galega”.
As deliberacións do xurado determinaron que Olaxonmario, Neeumátiko e Cousxs sexan as finalistas do Premio Youtubeira/o 2021. Os dous primeiros, ademais, aspiran xuntoao Son das Ideas a facerse co galardón á canle. Na categoría de vídeo, os finalistas son: Por que non entendo o portugués? Co @Portuguese whit Leo, vídeo de Olaxonmario; A nova bomba de Tanxugueiras, vídeo de Cousxs, e Educación Franquista, vídeo de Pradorua. Estes tres galardóns contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto de categorías é de 500.Para o Premio do Público, os finalistas son: Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia,da canle Orgullo Galego; Amemos o nosoda canleXabi Gómez, e El cuarteto de IBAI” - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA),Feat. Dani Piñeiro, da canle Fica coa Bola.
As propostas que acaparan o maior número de finalistas son as seguintes: Olanxonmario aspira en total a facerse cos premios en cinco categorías (canle, youtubeira, vídeo, impacto e creatividade). A catro galardóns opta Neeumátiko (canle, youtubeira, calidade lingüística, impacto) e taménCousxs(youtubeira, vídeo, calidade lingüística e premio musical). O Son das Ideas pelexa por tres premios (canle, técnica e creatividade).
Pola súa banda, o grupo Tanxugueirasten un duplo protagonismo nestes Premios Youtubeiras, xa que ademais de protagonizar o vídeo finalista de Cousxs, presentará a gala de entrega do vindeiro venres 26 de novembro. Dende Tanxugueiras, sinalaron esta mañá ante os medios que a gala será neste 2021 eminente musical sen querer adiantar moitos máis detalles para sorprender o público que acuda á casa da cultura de Bertamiráns. Tanxugueiras unirase así a Iria Pinheiro, Patricia de Lorenzo ou a compañía teatral A Panadaría nalista de artistas e formacións que nos últimos anos presentaron a gala dos Premios Youtubeiras.
Relación de finalistas por categorías:
1. Premio canleO Son das IdeasOlaxonmarioNeeumátiko
2. Premio youtubeiraOlaxonmarioNeeumátikoCousxs
3. Premio vídeo"Por que é que non entendo o portugués? Co @Portuguese With Leo”, de Olaxonmario"A nova bomba das Tanxugueiras”, de Cousxs“Educación franquista”, de Pradorua
4. Premio calidade lingüísticaNeeumátikoCousxsEsbardalhando
5. Premio impactoPablo Rodríguez VilaOlaxonmarioNeeumátiko
6. Premio Calidade técnicaToxíoO Son das IdeasXacobo de Toro
7. Premio comunicaciónAstroXabiPablo Rodríguez VilaUnrapáTRANSquilo FTM
8. Premio creatividadeCousas RarísimASMRO Son das IdeasOlaxonmario
9. Premio musicalCousxsFØ Records
10. Premio didácticoXacobo de ToroO Son das IdeasNeeumátiko
11. Premio pioneiroRecuncho GamerPingandoAstroXabi
12. Premio do público“Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia”, de Orgullo Galego“Amemos o noso”, de Xabi Gómez“‘El cuarteto de IBAI’ - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA) | Feat. Dani Piñeiro”, de Fica coa Bola