andainacontraviolencia141117.jpgO sábado 25 de novembro celébrase por sexto ano consecutivo, a Andaina contra a violencia de xénero que partirá ás 10:00 horas desde o Centro Sociocultural, percorrendo os paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas e, dende alí, regreso á vila por Pedra Mámoa e a avenida de Barcala.

 

A veciñanza pode sumarse a partir das 09:30 horas á concentración previa á saída. Haberá unha camiseta conmemorativa para as 150 primeiras persoas inscritas no Centro de Información á Muller (C.I.M.).

 

Ao remate (ás 13.00 horas), repartirase un chocolate con rosca entre a veciñanza participante, e acto seguido entregaranse os premios do VII Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do noso concello.

powered by social2s

carreira091117.jpgO maior evento deportivo que se celebra en Negreira precisa do apoio e colaboración de toda a cidadanía para que a 38ª Carreira Popular poida desenvolverse coas máximas garantías de seguridade para os máis de milleiro e medio de corredores/as inscritas nas cinco probas da gran festa do deporte na rúa.

 

Para iso é necesario respectar as prohibicións de estacionamento e circulación de vehículos nas rúas e estradas polas que transita o circuito homologado. Sempre seguindo as indicacións dos axentes de seguridade, dígase Garda Civil de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, así como os voluntarios que colaboran para o normal desenvolvemento da proba.

 

O Concello lembra que dende a tarde do sábado quedará restrinxido o estacionamento en toda a rúa de Castelao, zona onde está situada a liña de saída e meta da Carreira Popular. Prégase aos residentes e visitantes, que retiren os seus vehículos antes da medianoite do domingo.

 

circuito091117.jpg

 

 

Horarios e rúas afectadas

 

1ª Carreira 5.000 metros (1 volta)

Saída: 10:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 10:50 horas

 

2ª Carreira 10.000 metros (2 voltas)

Saída: 10:50 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 12:05 horas

 

3ª Carreira 1.200 metros. Categorías: Benxamín, Alevín e Infantil

Saída: 12:05 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

4ª Carreira 250 metros. Categoría Prebenxamín

Saída: 12:35 horas

Percorrido: Rúa do Carme e META rúa Castelao.

 

5ª Carreira 200 metros. Categoría Chupetes

Saída: 13:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao e META.

 

Attachments:
Download this file (horarios091117.pdf)Horarios
powered by social2s

findomundo.jpgA Casa dá Cultura de Negreira acolle este venres a presentación da novela ¨A viaxe á fin do mundo¨, obra de Manuel F. Rodríguez, xornalista e escritor, e técnico de Cultura da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, e autor de artigos, charlas e conferencias especializadas no Camiño de Santiago.

 

O acto de presentación aberto a toda a veciñanza de Negreira e comarca, vaise desenvolver no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), o venres 10 de novembro, a partir das oito da tarde.

 

Cando o autor do libro, intervirán o historiador barcalés, X. Amancio Liñares Giraut; o historiador do Xacobeo, Francisco Singul, e mailo alcalde do Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Sipnose

 

O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa apenas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda máis antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos peregrinos. En 1921, o misterio aumentou ao arder o retablo de onde desaparecera. Foi un feito insólito e non aclarado e, coma o roubo, axiña esquecido.

 

Só alguén en Santiago, un xornalista, quererá respostas. Non tanto por afán profesional como polo xeito en que estes sucesos condicionarán, sen piedade, a súa vida. Esta procura levarao a cruzarse, de traumático xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A crave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.

 

¨A viaxe á fin do mundo¨, é unha historia de interminable misterio onde o amor e a morte, únense para facer de cada pregunta a resposta.

 

Podes atopar máis información na web: http://www.aviaxeafindomundo.com/

powered by social2s

fundacion.jpgA Fundación para a Protección de discapacitados psíquicos ¨Comarca de Barcala¨, ven de recibir unha achega económica da da Deputación da Coruña por un importe de 1.201 euros para sufragar os gastos do seu proxecto de socioterapia, o cal inclúe  as actividades de baile e teatro, as cales leváronse a cabo no presente ano no Centro Sociocultural de Negreira.

 

O obxectivo xeral deste proxecto foi incrementar a interacción dos/as usuarios/as co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.

 

Os obxectivos específicos foron os seguintes:

•       Mellorar o benestar físico.

•       Incrementar a autoestima

•       Desenvolver a capacidade expresiva

•       Devenvolver a capacidade comunicativa  a  nivel emocional

•       Favorecer o traballo en grupo

•       Mellorar a orientación espacial e postura corporal

•       Mellorar o equilibrio e a lateralidade

•       Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés

 

O  proxecto realizouse dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile os luns e os mércores no Centro Sociocultural de Negreira, mentres que o teatro desenvolveuse os martes no Auditorio de Negreira.

powered by social2s

presatambre.jpgCon motivo da rodaxe da serie de televisión Fariña que produce Bambú Producciones S.L. para Antena 3 Televisión, infórmase que o martes 14 de novembro, en horario de 7:30 a 15:00 horas, vaise cortar totalmente á circulación a estrada municipal que une a parroquia de Liñaio coa de Cornanda (Brión), e que atravesa a presa do encoro Barrié da Maza, no río Tambre.

 

Devandito corte de tráfico vai a estar perfectamente sinalizado pola Policía Local e Protección Civil de Negreira, unha vez que a rodaxe terá lugar en terreos do Concello de Brión, segundo informa Bambú Producciones. 

powered by social2s