A Fundación para a Protección de discapacitados psíquicos ¨Comarca de Barcala¨, ven de recibir unha achega económica da da Deputación da Coruña por un importe de 1.201 euros para sufragar os gastos do seu proxecto de socioterapia, o cal inclúe as actividades de baile e teatro, as cales leváronse a cabo no presente ano no Centro Sociocultural de Negreira.
O obxectivo xeral deste proxecto foi incrementar a interacción dos/as usuarios/as co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.
Os obxectivos específicos foron os seguintes:
• Mellorar o benestar físico.
• Incrementar a autoestima
• Desenvolver a capacidade expresiva
• Devenvolver a capacidade comunicativa a nivel emocional
• Favorecer o traballo en grupo
• Mellorar a orientación espacial e postura corporal
• Mellorar o equilibrio e a lateralidade
• Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés
O proxecto realizouse dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile os luns e os mércores no Centro Sociocultural de Negreira, mentres que o teatro desenvolveuse os martes no Auditorio de Negreira.