O sábado 25 de novembro celébrase por sexto ano consecutivo, a Andaina contra a violencia de xénero que partirá ás 10:00 horas desde o Centro Sociocultural, percorrendo os paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas e, dende alí, regreso á vila por Pedra Mámoa e a avenida de Barcala.
A veciñanza pode sumarse a partir das 09:30 horas á concentración previa á saída. Haberá unha camiseta conmemorativa para as 150 primeiras persoas inscritas no Centro de Información á Muller (C.I.M.).
Ao remate (ás 13.00 horas), repartirase un chocolate con rosca entre a veciñanza participante, e acto seguido entregaranse os premios do VII Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do noso concello.