O maior evento deportivo que se celebra en Negreira precisa do apoio e colaboración de toda a cidadanía para que a 38ª Carreira Popular poida desenvolverse coas máximas garantías de seguridade para os máis de milleiro e medio de corredores/as inscritas nas cinco probas da gran festa do deporte na rúa.
Para iso é necesario respectar as prohibicións de estacionamento e circulación de vehículos nas rúas e estradas polas que transita o circuito homologado. Sempre seguindo as indicacións dos axentes de seguridade, dígase Garda Civil de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, así como os voluntarios que colaboran para o normal desenvolvemento da proba.
O Concello lembra que dende a tarde do sábado quedará restrinxido o estacionamento en toda a rúa de Castelao, zona onde está situada a liña de saída e meta da Carreira Popular. Prégase aos residentes e visitantes, que retiren os seus vehículos antes da medianoite do domingo.
Horarios e rúas afectadas
1ª Carreira 5.000 metros (1 volta)
Saída: 10:00 horas
Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.
Peche de control: 10:50 horas
2ª Carreira 10.000 metros (2 voltas)
Saída: 10:50 horas
Peche de control: 12:05 horas
3ª Carreira 1.200 metros. Categorías: Benxamín, Alevín e Infantil
Saída: 12:05 horas
Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.
4ª Carreira 250 metros. Categoría Prebenxamín
Saída: 12:35 horas
Percorrido: Rúa do Carme e META rúa Castelao.
5ª Carreira 200 metros. Categoría Chupetes
Saída: 13:00 horas
Percorrido: Rúa de Castelao e META.