Na rúa de San Mauro e no entorno do Pazo do Cotón, emblema da vila capital do Val de Barcala, terá lugar a décima edición da Feira do Románico de Negreira.
O pasado ano centos de veciños e visitantes disfrutaron desta recreación histórica que se convertiu nun dos símbolos culturais da vila que viu nacer a un dos máis afamados trobadores galegos; “Afonso Eanes”. Ante esta previsión, o Concello ultima xa os detalles desta cita, que se vai a celebrar o primeiro fin de semana de setembro
Para quen queira coñecer o municipio baixo tan traballado ambiente, a organización está a diseñar un completo programa de actividades e espectáculos para todas as idades, que abarcan desde obradoiros a música en vivo pasando por unha ampla variedade de actividades lúdicas.
Entre os maiores atractivos da feira destaca o mercado, representacións teatrais, seres doutras épocas, ademáis da presencia de grupos de música encargados de poñer banda sonora á feira e que asegurará o bo ambiente.
Dende o Concello animan a todos os veciños a que se vistan con traxes medievais e que colaboren con este evento que cada ano medra en popularidade.
O sábado 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, cuxo lema é: Inclusión, tolerancia e respeto. Axudar a darlle visibilidade a un trastorno que cada vez é máis común entre a poboación: 1 de cada 150 nenos, é a idea que hoxe mesmo levaba á Escola Infantil Municipal, a realizar unha saída cos nenos/as polas rúas da vila portando un testemuño azul con este lema: #PásaloPorElAutismo. Foron recibidos polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, na Casa do Concello.
O movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).
No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), moi preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidad o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Por resolución 62/139 do 18 de decembro de 2007 (A/RES/62/139), a Asemblea instou aos Estados membros, ás organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas e, a outras organizacións internacionais, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gubernamentais e ó sector privado, a que observen debidamente este día e tomen as medidas para a toma de conciencia a través da sociedade sobre os nenos/as con autismo.
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), quere expresar o seu apoio aos familiares e seres queridos das vítimas dos atentados acontecidos hoxe na cidade de Bruxelas e, amosar a súa condena ante esta barbarie.
A Fegamp fai un chamamento a todos os concellos e deputacións de Galicia para que mañá mércores 23 de marzo, ás 12.00 horas, se concentren diante das súas casas consistoriais e sedes, gardando un minuto de silencio como mostra de repulsa por estes crueis atentados, convidando á cidadanía a que se una a esta manifestación solidaria.
O Concello de Negreira, a través dun Bando da Alcaldía, informa que, por erro, estanse remitindo dende os Servizos Tributarios da Deputación da Coruña, recibos relativos ó pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, mediante os cales se esixe o pago do referido imposto a vehículos agrícolas que están exentos dese pago, e polo tanto, non é necesario efectuar devandito pago.
Comunícase ós veciños que poden acudir ás oficinas municipais, na Casa do Concello, de cara a efectuar os trámites pertinentes para resolver dito erro.
A Corporación Municipal reunida este luns 14 de marzo en sesión ordinaria do Pleno, acordou por unanimidade efectuar as modificacións solicitadas pola Deputación da Coruña entorno ó Plan de Acción Social (PAS) 2015. Tamén refrendou o acordo do agrupamento dos concellos de Negreira e A Baña cara a subvención contemplada pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que os dous concellos compartirán unha actuación de aforro enerxético no alumado público, nas zonas de Covas e San Cibrán.
Os tres grupos políticos, por unanimidade, deron luz verde ó Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016, financiado pola Deputación da Coruña e, cuxo importe ascende a 274.468 euros, o cal será empregado íntegramente para amortizar débeda bancaria, polo que aforraránse os xuros do préstamo a liquidar, xa que conta con dous anos de carencia e a devolver nun prazo de dez anos.
O Pleno tamén prestou aprobación a un recoñecemento extraxudicial de créditos por un importe de 779.300 euros. Trátase de facturas por servizos prestados e non recoñecidas ó peche do último exercicio (31 de decembro de 2015), e correspondentes aos anos 2014 e 2015. Este punto foi aprobado únicamente cos votos a favor dos seis concelleiros do Goberno, coa abstención tanto do Partido Popular como de Cidadáns de Negreira.
Na sesión ordinaria do mes de marzo, prestouse aprobación a un total de seis mocións presentadas polo grupo municipal de Cidadáns (C´s), relativas a: Solicitude ante o Sergas, da cobertura do servizo de matrona, amortizado na actualidade, tendo en conta que as usuarios son derivadas cara o municipio da Baña; a creación dun Fondo de Cohesión Social coa porcentaxe do 0,1% que mantívose para este ano no IBI; emprazamento dun futuro Centro de día e Residencia de maiores, no terreo lindante co Centro de Saúde; trasladar o almacén de alimentos de Servizos Sociais para un local máis axeitado que o baixo do Auditorio; acometer unha serie de melloras e adaptabilidade no exterior da Escola Infantil Municipal, e por último, a emisión dun informe bimensual por parte da Intervención municipal para facer un seguimento público da situación económica do Concello.
Proposta Letras Galegas
A Corporación tamén aprobou unha proposta dirixida ó plenario da Real Academia Galega (RAG), de dedicación do Día das Letras Galegas 2017 ó poeta barcalés, Xosé Manuel López Gómez ¨Ardeiro¨.
Asemesmo, deuse lectura e aprobación, a unha declaración institucional dos tres partidos que conforman a Corporación municipal entorno ó proxecto presentado pola Asociación Cultural Afonso Eanes, en relación coa Lei de Memoria Histórica para homenaxear aos represaliados durante a Guerra Civil e maila Ditadura franquista. A voceira do goberno, María Jesús Veiga Hortas, expresou o rexeitamento de calquera acción golpista e, coincidindo coa proposta de Afonso Eanes expresaba o seguinte: «será esta Corporación a que decidirá, cómo, cando e onde, realizar dita homenaxe para todos aqueles que foron perseguidos pola súa ideoloxía relixiosa ou política, e que propiciaron a instauración da democracia».
Páxina 232 de 240