A Asociación de Amas de Casa de Negreira en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello, promoven unha recollida solidaria de alimentos de cara ás festas do Nadal, tratando de axudar a aquelas familias que sofren máis necesidades.

 

 

Na campaña que prolongarase ata o día 9 de xaneiro acéptasen toda clase de alimentos non perecedeiros, dígase legumes, conservas, aceites, leite ou pan tostado, entre outros,  ademáis de produtos básicos para almorzos e merendas. Asemesmo, tamén inclúe a recollida de produtos de hixiene persoal e de limpeza.

 

Esta campaña conta coa colaboración de: Casa Lula; e os supermercados Froiz; Gadis e Eroski, lugares nos cales haberá un espazo para que quenes queiran colaborar depositen alí os seus produtos.

 

Para facer doazóns a esta campaña existe un número de teléfono de contacto: 659 180 323 da Asociación de Amas de Casa. Tamén nos Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello.

 

Tamén en Pesadoira

 

Igualmente, e como outros anos, a Asociación de Mulleres de Alvite leva a cabo unha campaña de recollida de alimentos e productos de hixiene, entre o día 1 de novembro e mailo 15 de decembro.

 

 

Existen tres puntos de entrega: Casa do Panadeiro; Bar de María e o Estanco, todos eles en Pesadoira.

powered by social2s

O Concello de Negreira implanta un novo servizo de comunicación de incidencias a través de App móvil, creando unha canle directa de comunicación das incidencias localizadas no noso municipio. Este servizo vai ser presentado este venres 4 de novembro, ás 11:00 horas no Telecentro de Negreira.

 

O usuario conéctase á web de Play Store ou a App Store en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móvil (Android / iOS). Selecciona a App Línea Verde, con descarga de balde e, a partir de ese intre o procedemento é moi sinxelo.

 

Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar a tipoloxía. Por xeolocalización, a aplicación se encarga de detectar de forma automática as coordenadas exactas do lugar. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente si decide envíalo aviso noutro momento e dende outro lugar. Incluso pódese adxuntar unha foto da incidencia cunha breve descrición.

 

Unha vez enviada, o responsábel designado recibirá notificación da mesma. A partir dese intre, comezan os trámites para dar solución á incidencia detectada. E unha vez resolta, o cidadán recibe unha notificación no seu terminal.

 

Para comunicar calquera incidencia tamén se pode facer a través da web http://www.linhaverdenegreira.es/. Unha vez rexistrado, o usuario poderá poñer en coñecemento o desperfecto detectado.

 

Con esta implantación, o Concello de Negreira pretende ofrecer aos cidadáns e empresas da súa contorna, un servizo totalmente de balde e que serve de canle de comunicación directa para que o noso concello cumpra as normas básicas do benestar social.

powered by social2s

O Auditorio do Centro Sociocultural acollerá este domingo 6 de novembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Menú da Fala, con Carlos Blanco e Luis Davila, dentro dun ciclo que inclúe unha ducia de actuacións en concellos da provincia e que financia a Deputación da Coruña.

 

As entradas son de balde e pódense retirar desde hoxe na Delegación de Cultura, na primeira pranta da Casa da Cultura. Tralo éxito de público que o actor Carlos Blanco tivo o pasado venres nas dúas funcións do seu monólogo, e que supuso o colofón a un mes de outubro cheo de actividad eco cuarto Ciclo de monólogos do Concello de Negreira, agora chega con este outro formato de humor.

powered by social2s

Hoxe foi asinado na Casa do Concello, o convenio de colaboración entre a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero e maila Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala mediante o cal, a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero concede unha subvención de 10.000 euros para levar a cabo o Programa ¨Mellora do benestar persoal e social¨, entre os usuarios/as do Centro Ocupacional.

 

Este programa leva funcionando dende o pasado dia 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2016. Na sinatura participaron o alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, en calidade de presidente da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala, e Filomena Casal, presidenta do Padroado da Fundación Mª Esperanza Rubido Romero.

 

Os obxectivos xerais do programa son: Desenvolver as habilidades emocionais; mellorar as relacións interpersoais, e aumentar a autonomía persoal dos usuarios da Fundación.

 

As áreas de traballo son:

 

- Área de vida no fogar pola cal realizanse as seguintes actividades: Nutrición; planificación e elaboración de comidas; manexo dos cartos e compra de alimentos.

 

- Área de educación emocional: Trabállase a conciencia emocional; a autoestima; a empatía; a resolución de conflictos e maila  educación afectivo sexual.

 

- Área de vida na comunidade: Planificación de itinerarios; horarios de transporte; prezos; realización de visitas a lugares de interés turístico (saída ao centro comercial As Cancelas, visita turística a Negreira, a Bertamiráns e A Ponte Maceira).

 

- Área de integración na comunidade: Visita ao Punto Limpo; uso do Centro Sociocultural e uso do Auditorio para a visualización de películas.

 

- Área de formación laboral: Técnicas de búsquedas de emprego e charla da Orientadora laboral do Concello de Negreira.

powered by social2s

 O Servizo de Voluntariado social do Concello de Negreira organiza un curso gratuíto de inglés para adultos os mércores de sete a oito dá tarde. Dará comezo o día dous de novembro e as prazas son limitadas.

 

Para máis información os interesados poden dirixirse o Servizo de Voluntariado Social na planta baixa do concello ou chamar o teléfono 664 074 674.

powered by social2s