Co gallo da trixésimo sétima edición da Carreira Popular de Negreira que se celebra este domingo día 13 de novembro, desde o Concello como entidade organizadora informamos das restriccións para a circulación de vehículos, antes e durante o desenvolvemento das cinco probas que integran este importante evento deportivo de referencia en Galicia e a nivel nacional.

 

É moi importante destacar que a partir das 10:15 horas vaise cortar totalmente ó tráfico todo o circuito de 5 quilómetros con saída desde a rúa de Castelao cara o instituto Xulián Magariños, rúa Xosé M. López Ardeiro, avenida das Brañas, Xanín, Pedra Mámoa, Polígono Industrial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e rúa de Castelao (META).

 

Restriccións aparcamento

 

Prégase a residentes e veciños en xeral non estacionar nas zonas acoutadas desde o sábado 12 de novembro ó mediodía: toda a rúa do Carme; a rúa de Castelao e a prolongación desta por diante do IES Xulián Magariños ata a rúa Xosé M. López Ardeiro.

 

Vehículos pesados

 

Prégase aos donos de vehículos longos (dígase camións e autobuses), non estacionar en lugares do percorrido que obstaculicen o desenvolvemento das carreiras.

 

Mobilidade en coche

 

Prégase aos residentes non desprazarse con coche polas zonas afectadas polo percorrido, a partir das 10:00 horas da mañán do domingo 13 de novembro e ata que rematen as tres primeiras carreiras para evitar longas esperas. É recomendable que si teñen que sair co coche o fagan antes das 10:00 horas.

 

Percorridos

 

1ª Carreira Absoluta (saída ás 10:30 horas): Rúa de Castelao; IES Xulián Magariños; Xosé M. López Ardeiro; avenida das Brañas; Xanín; Pedra Mámoa; Polígono Industrial ata o Punto Limpo e retorno; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e rúa de Castelao (META). Son 2 voltas ó circuito (10.000 metros).

 

2ª Carreira Infantís-Cadetes e Xuvenís (saída ás 11:50 horas): Rúa de Castelao; IES Xulián Magariños; Xosé M. López Ardeiro; avenida das Brañas; Xanín; Pedra Mámoa; Polígono Industrial  (sen ir ó Punto Limpo); avenida de Barcala; rúa da Cachurra e rúa de Castelao (META). Lonxitude: 3.800 metros.

 

3ª Carreira Benxamíns e Alevíns (saída ás 12:30 horas): Rúa de Castelao; IES Xulián Magariños; Xosé M. López Ardeiro; avenida das Brañas; rúa Rosalía de Castro e rúa de Castelao (META). Lonxitude: 1.000 metros.

 

4ª Carreira Prebenxamíns (saída ás 12:50 horas): Rúa do Carme e rúa de Castelao (META). Lonxitude: 250 metros.

 

5ª Carreira Chupetes (saída ás 13:00 horas): Rúa de Castelao, e rúa de Castelao (META). Lonxitude: 200 metros.

 

Agradecementos: Un ano máis queremos destacar de antemán a colaboración prestada polo posto da Garda Civil de Negreira, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago, así como a Policía Local de Negreira e, as distintas agrupacións de Protección Civil que participan no operativo especial da Carreira Popular: Negreira; Santa Comba, Val do Dubra; Porto do Son; Rois/Padrón, quenes velarán pola seguridade dos participantes durante as distintas probas.

 

Tamén aos voluntarios/as de clubs deportivos e outros que colaboran activamente na seguridade do evento.  

powered by social2s