Para este ano 2017 a Piscina Municipal de Pedra Mámoa pon en marcha unha campaña para animar á veciñanza barcalesa a practicar máis deporte e mellorar a súa forma física. Xa durante o pasado mes de decembro, houbo xornadas de portas abertas para visitar e coñecer as instalacións e no mes de xaneiro ofertáronse novas actividades e cursos.

 

O Complexo Deportivo de Pedra Mámoa pretende que tódolos negreireses e visitantes poidan iniciarse na práctica deportiva ou melloren o seu nivel físico, con actividades dirixidas e natación.

 

Horario de inverno

 

De luns a venres, o horario é de 8:00 a 12:30 horas e, de 16:30 a 22:30 horas polas tardes. Os sábados, as instalacións abren ó público únicamente de mañá, de 9:00 a 12:30 horas, mentres que os domingos e festivos, permanece pechada.

 

As instalacións municipais dispoñen de 1.200 metros cadrados, que comprenden a piscina deportiva, a piscina de iniciación, a piscina infantil, a sauna e mailo baño turco na planta baixa. Na planta superior conta cunha sala de actividades, a sala de bike, así como unha sala de fitness e musculación.

 

Unha instalación deportiva en continua renovación e onde practicar máis de 60 horas de actividades dirixidas. Ademáis, conta cunha compreta oferta de cursos para os máis pequenos da casa, así como para adultos e para clubs deportivos con actividades totalmente adaptadas a eles.

 

Máis info en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e no tlf. 981 885 675

powered by social2s

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición de hoxe, o anuncio do Concello de Negreira relativo a aprobación definitiva do cadro de tarifas dos servizos de fornezo de auga potable e de saneamento para o ano 2017, que resultou aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación Municipal de data 9 de novembro de 2016, ó non terse presentado reclamacións. 

 

O cadro de tarifas de abastecemento e saneamento, así como de conexión á rede, tarifa de contadores e de acometidas e xestión do cobro ós aboados morosos, pódese consultar aquí.

 

Attachments:
Download this file (Anuncio.pdf)Anuncio.pdf
powered by social2s

Este venres 27 de xaneiro celébrase no parque Horta do Muiño, a carón do río Tines, na Serra de Outes, a Fase Intercomarcal de campo a través escolar, do programa Xogade e, valedeira para a Fase Provincial. O noso concello parte cunha ampla representación de xóvenes corredores de categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, pertencentes a súa meirande parte ó CEIP O Coto, ademáis da Escola Municipal de Atletismo, clasificados na Fase Comarcal celebrada o pasado día 19 deste mes na Baña.

 

 

Horarios e distancias

A retirada de dorsais poderáse facer o mesmo día dende as 11:00 horas, ou unha hora antes do comezo das probas. Os horarios son orientativos, podéndose adiantar segundo se vaian celebrando as distintas probas.

O finalizaren as carreiras, farase entrega de medallas (os 3 primeiros individuais), trofeos para os 3 primeiros equipos  e medallas para os 6 integrantes dos equipos que cheguen entre os 3 primeiros de cada categoria.

 

Vestiarios

 

Estarán a disposición de todos os participantes no Pavillón Polideportivo de Outes, a onde haberá servizo de buses para trasladalos cada 10 minutos, despois do remate de cada carreira.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira promove por sexto ano consecutivo, a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 3 de febreiro, no Auditorio do Centro Sociocultural, despois de que o pasado venres 20 de xaneiro o xurado composto polos representantes dos clubs e entidades deportivas locais outorgase de maneira consensuada, uns premios que recoñecen os méritos deportivos a veciños/as do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante.

 

A 6ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Relación de premios:

 

1. Mellor deportista do ano 2016

 

2. Mellores deportistas promesa do 2016

 

3. Mellor equipo ou clube do ano 2016

 

4. Recoñecemento á traxectoria deportiva

 

5. Recoñecemento ó patrocinador, ou colaborador co deporte

 

6. Recoñecemento a clubes pola súa antigüidade

 

7. Recoñecemento especial do xurado

powered by social2s

A sociedade Xestur vén de adxudicar na modalidade de dereito de superficie, unha nova parcela no Parque Empresarial de Negreira, e que cunha superficie de 1.570 metros cadrados foi adquirida por unha empresa que anteriormente, xa adquiriu outra parcela no parque e onde está edificando as súas instalacións.

 

O seu prezo de venda foi de máis de 108.000 euros, cun canon anual de 1.624 euros, nos dous primeiros anos, e de 2.708 no terceiro e cuarto ano, e de 3.791 a partir do quinto e sucesivos.

 

A modalidade de dereito de superficie permite aos adxudicatarios acceder ao chan empresarial por un periodo de trinta anos prorrogable co abono dun pequeno canon mensual e, que concentren o seu esforzo financeiro inicial na construción e equipamento de instalacións, sen que iso signifique renunciar á propiedade da parcela.

powered by social2s