piscina020617.jpgO Concello de Negreira informa que o xoves 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, dende o luns día 5 de xuño, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 1 de xullo ó 30 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 5 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes.

 

Grupo 1: do 3 ó 31 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Grupo 2: do 1 ó 30 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Natación para bebés: do 1 de xullo ó 30 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 31 de agosto para o Grupo 2. O venres 25 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchanbles, a partir das 16:00 horas.

powered by social2s

Cartel Intermunicipal Futbol Sala Ordes 2017.jpgEste sábado 27 de maio celébrase no concello de Ordes, a viséxima edición do Torneo Intermunicipal de campións das Ligas de Fútbol Sala de dez concellos do interior da provincia de A Coruña, entre eles, o de Negreira.

 

Os encontros sucederanse ao longo de toda a xornada, dando comezo ás nove da mañá, e estando prevista a gran final para as sete e media da tarde. O equipo de Madeiras Jesús Gómez, campión da fase regular da Liga de Negreira, será o noso representante, medíndose ás 11.30 no pavillón Castelao 2 contra o representante do Concello de Santa Comba, e ás 13.10 horas, diante do campión do Concello de Touro, no pavillón Castelao 1.

 

Dividida a competición en tres grupos, o campión de Negreira forma parte grupo B con Santa Comba e Touro. Os gañadores de cada grupo e o mellor segundo, disputarán as semifinais, ás 17 e 18 horas, respeitivamente.

 

Desexándolle toda a sorte e ánimo ao conxunto do Madeiras Jesús Gómez, quen gañou os 18 partidos da Liga, lembramos que dende o vindeiro luns vánse disputar no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, os sempre emocionantes Playoff polo título de Liga entre os oito mellores clasificados da fase regular comezando polos cuartos de final e seguindo polas semifinais (luns 5 de xuño) e a gran final que terá lugar o mércores 7 de xuño.

powered by social2s

imserso2-240517.jpgAbriuse a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo Social do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017 no departamento de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello.

 

Consulta toda a información no seguinte enlace.

 

powered by social2s

ruthcundins.jpgEste domingo 28 de maio, a partir das sete da tarde, na pranta baixa do Centro Sociocultural, vaise clausurar a presente tempada do baile dos maiores coa actuación da cantante Ruth Cundíns, representante de Terras de Compostela no concurso Recantos do programa Luar, da Televisión de Galicia. 

powered by social2s

campamentos dipu3.jpgTrescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña, entre eles Negreira, participarán este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, cuxo prazo de inscrición está aberto até o vindeiro 17 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura.

 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, do 19 ao 25 de agosto e do 26 de agosto ao 1 de setembro. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

 campamentos dipu1.jpg

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

                                           

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.

 campamentos dipu 2.jpg

 

Os rapaces/as de Negreira participarán na 2ª quenda, do 26 de agosto ao 1 de setembro, xunto cos de Ames, A Baña, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dodro, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía,  Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas.

 

Máis información en: www.dacoruna.gal/deportes

powered by social2s