redecultural.jpgO alcalde do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, asinou este luns na sé da Deputación da Coruña, o convenio para o financiamento da Rede Cultural 2017 que comprende 16 actuacións no presente ano no noso concello, e un orzamento total de 48.697 euros, dos que 29.218 euros son aportados pola Deputación da Coruña.

 

No acto participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e maila vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín.

 

Case tres millóns de euros move este ano a Rede Cultural, dos que 2.261.234 irán destinados á programación dos concellos da provincia.  A esta cantidade aínda haberá que sumar o que a Deputación destina ás solicitudes das entidades sen ánimo de lucro, que ascenderá a 457.724 euros.

 

Valentín González Formoso salientou que por primeira vez aceptáronse tódalas solicitudes presentadas polos concellos da provincia.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que con motivo dos traballos de revisión catastral no noso concello, e a fin de obter a maior información de cómo lles vai a afectar a actualización levada a cabo polo Catastro, ademais de resolver dúbidas e asesorar ante  as posibles reclamacións que a cidadanía poida presentar ante o Catastro e para o cal disporán de impresos, sinálanse as seguintes datas e horarios de atención ó público por parte do persoal da empresa Serteco Ingeniería, encargada dos traballos de revisión catastral en Negreira, no Punto de información catastral instalado na Casa da Cultura.

 

Datas: Luns 15, xoves 18 e venres 19 de maio.

Horario: De 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 18:00 horas.

Lugar: Aula Informática (1ª pranta).

 

O Concello de Negreira informa que no suposto de non ser suficientes os días de atención á veciñanza, este servizo atendido por dous técnicos será ampliado a máis xornadas.

powered by social2s

maiores080517 1.jpgO Concello de Negreira celebrou como cada primeiro sábado do mes de maio, o seu encontro anual dos maiores coa participación dunhas setecentas persoas no xantar popular que tivo lugar baixo a carpa montada no campo dá feira. Durante a festa entregáronse os galardóns á veciña e veciño de maior idade participantes. No caso da primeira recaeu en Pilar Mayo Brantuas, natural da parroquia de San Mamede da Pena, de 101 anos de idade. O varón de maior idade foi Jesús Dourino Forján Mayo, natural da parroquia de San Estevo de Landeira, e de 98 anos de idade.

 

maiores080517 2.jpg


A celebración estivo acompañada de animación musical a cargo da Banda Municipal de Negreira e mailo dúo Meigas Son, encargadas de amenizar o baile de tarde como colofón a un evento que contou coa presenza do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e mailos concelleiros de Deportes, José Daniel Casal Leis, e de Cultura, Flora Grille Novío. Por parte do grupo municipal do Partido Popular, acoderon os concelleiros Juan Rey Maceira, Manuel Hombre Porto e María José Carballo Villar.

powered by social2s

clausura07 1.jpgO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu onte a xornada de clausura da tempada 2016-17 das Escolas Deportivas Municipais cunha mostra dun bo número de disciplinas deportivas que son impartidas para os rapaces e rapazas do noso concello, entre os meses de outubro e maio, e nas cales participaron máis de 400 alumnos/as.

 

Fútbol sala, patinaxe, baloncesto, kárate, tenis, ciclismo, atletismo e ximnasia rítmica, xunto coas actividades de predeporte e multideporte que se imparten no CEIP O Coto, así como as de ximnasia de mantemento, conforman a ampla variedade de disciplinas que oferta anualmente o Concello de Negreira.

 clausura07 3.jpg

 

O acto de clausura contou coa participación do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e mailo concelleiro de Deportes, José Daniel Casal Leis, xunto cos monitores/as das diferentes escolas deportivas que realizaron exhibicións sobre a pista de xogo e cunha bancada ateigada de xente que desfrutou coas demostracións levadas a cabo ao longo de toda a tarde.

 

clausura07 2.jpg

 

Os alumnos/as recibiron un agasallo do Concello de Negreira unha vez que foron rematando as súas exhibicións.

powered by social2s

teatro 385.jpgTeatro do Noroeste é unha compañía profesional galega fundada no 1987, e que polo tanto cumpre o seu trinta aniversario sobre os escenarios. Na súa dilatada traxectoria ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos.

 teatro 389.jpg

 

Este sábado 6 de maio desembarca no Ciclo de Teatro de Negreira co seu espectáculo teatral Palabras malditas, baixo a dirección de Eduardo Alonso, a partir das 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Con entrada de balde.

 

 teatro 388.jpg

 

Sipnóse

 

Un perseguido profesor experto en poesía francesa e unha prostituta coinciden nunha sórdida pensión da Coruña, nos anos corenta, en plena época de represión e asasinatos. Malia as aparentes diferenzas que os separan, aférranse o un ao outro como á única táboa de salvación no inmenso océano da soidade. E entre os dous formarán un tándem pletórico de inspiración.

 

Reparto

 

Miquel Insua, no papel de Vicente; Manuela Varela, no papel de Clara; Luma Gómez, no papel de Ermitas, e Ima António, en papel de camareira e axudante de dirección.

 

Xénero: Teatro contemporáneo

Duración: 100 minutos

Público: + 18 anos

Idioma: Galego

powered by social2s