notesenvela2017.jpgOs Concellos de Negreira e Ames suman unha vez máis esforzos na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Pontemaceira, formada polo río Tambre ao seu paso por este encrave turístico e paso dos peregrinos polo Camiño de Fisterra antes da súa chegada á vila de Negreira, fin da primeira etapa dende Compostela.

 

Por este motivo, o venres 16 de xuño, ás 21:30 horas, vai ter lugar a primeira das citas do presente verán do programa ¨Noites en vela¨, co concerto que ofrecerán, o grupo amesán A Requinta da Maía e mailas pandereteiras As Tanxugueiras, instalándose un escenario sobre os penedos naturais da zona de Ames.

powered by social2s

respira.jpgDurante os meses de xullo e de agosto, vánse levar a cabo os campamentos urbáns Respira, unha proposta que chega da man do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), do Concello de Negreira, a celebrarse nas instalacións do CEIP do Coto, como en anos anteriores.

 

Trátase dunha actividade de conciliación aberta ás familias de Negreira, onde poden quedar os pequenos/as dende as 8:45 ata as 14:15 horas, de luns a venres, e sendo atendidos por persoal especializado que lles organiza diversas actividades como manualidades, obradoiros de pintura, actividades deportivas, saídas polos arredores e saídas á piscina.

 

Custo da praza mensual: 100 euros.

Prazas en xullo: 30

Prazas en agosto: 15

Inscricións no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3. 

powered by social2s

ruta tapas 2017.jpgHoxe comeza a primeira das catro xornadas da sétima Ruta dás tapas de Negreira, ca durante dúas fins de semana, convida a veciños e visitantes a achegarse ata a nosa vila para disfrutar das mellores e máis ricas tapas que poden degustarse en nove establecementos da hostalaría de Negreira.

 

Os venres 2 e 9, así como os sábados 3 e 10 de xuño, a Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), celebra a súa sétima Ruta dás tapas nos seguintes establecementos: Casa Barqueiro; D´Tapas; cervexería A Vila; bar Fontana; bar Imperial; taberna O Seixo; The London Tavern; O Cotón e bar Oriel.

 

Os participantes poden recoller nos establecementos participantes os seus pasaportes para valorar as distintas tapas, e de onde sairán as gañadoras. Cubrindo o pasaporte que logo débese entregar nos locais, o público entrará nun sorteo de agasallos.

powered by social2s

sanxoan.jpgO Concello de Negreira informa que co gallo da celebración da Festa de San Xoán, a noite do venres día 23 de xuño, todos aqueles particulares, grupos e asociacións de veciños que desexen realizar unha fogueira, é necesario que dispoñan dunha autorización municipal para realizar devanditos lumes, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante a noite máxica do San Xoán.

 

O Concello informa a tódolos interesados que deberáse recoller e formalizar as solicitudes, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (pranta baixa). Devandito prazo de rexistro de solicitudes remata o mércores día 21 de xuño.

powered by social2s

teatro2020617.jpgO alumnado da Escola Municipal de Teatro bota este sábado 3 de xuño o peche ao Ciclo de Teatro 2017 do Concello de Negreira con catro obras escritas e dirixidas por Sandra Lesta, a partir das 18:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

·Alumnos de 4 a 6 anos coa obra: ¨Oh non! a carteira!¨

·Alumnos da Fundación de Discapacitados coa obra: ¨A tenda onde nunca pasa nada¨

·Alumnos de 7 a 12 anos coa obra: ¨Historias para non durmirse no camiño¨

·Alumnos de 12 a 16 anos coa obra: ¨Zona fora de conflicto¨

powered by social2s