O Concello de Negreira está a executar os traballos de montaxe da cuberta da pista de pádel número 1, no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, con cargo ao Plan de Acción Social (PAS 2015), cuxo contrato foi formalizado por un monto de 56.265 euros, resultando adxudicataria á empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.
Con motivo da execución destes traballos, o Concello de Negreira informa que a pista de pádel número 1 estará inoperativa para a práctica deportiva por espazo de dúas semanas ata que rematen devanditas actuacións.
O domingo 2 de abril, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a Fase Final Comarcal da Liga Escolar Barcala-Xallas-Muros, dentro do programa Xogade, de onde sairán os equipos clasificados para a Fase Final Intercomarcal que se celebrará no mes de maio, e cuxa sé será novamente Negreira.
A Fase Final Comarcal comezará o domingo ás 9:30 horas e rematará ás 18:00 horas coa entrega de trofeos. Estes son os horarios:
SEMIFINAIS
BENXAMÍN
09:30 h: Negreira B - Brión A
10:15 h: Mazaricos – Os Miúdos
ALEVÍN
11:00 h: Negreira A – Negreira B
11:50 h: Santa Comba B – Brión B
FINAIS
13:00 h: Categoría Infantil
15.30 h: Categoría Prebenxamín
16:15 h: Categoría Benxamín
17:00 h: Categoría Alevín
18:00 h: Entrega de trofeos
Tempos de xogo:
Prebenxamíns: 15 minutos por parte
Benxamíns: 15 minutos por parte
Alevíns: 20 minutos por parte
Infantís: 20 minutos por parte
En caso de empate ó final do partido resolverase da seguinte maneira:
Semifinais: Lanzaranse 3 penaltis, e en caso de empate ó fallo
Finais: Haberá prórroga de 5 minutos, e se persiste o empate haberá penaltis.
Toda a información podes consultala en: http://adasrias.blogspot.com.es/
Máis de 600 deportistas de toda Galicia participarán na xornada da ximnasia rítmica de Negreira, que inclúe a IV Gala e mailo II Torneo ¨Vila de Negreira¨, ao longo do sábado día 8 de abril no Pavillón de Pedra Mámoa, baixo á organización do Concello de Negreira, a través da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica baixo a dirección de María Fernández.
IV Gala da Ximnasia rítmica
Comezo: 11:30 horas
Clubs participantes: Escola Ximnasia Rítmica Negreira; Colexio Os Tilos; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; Club Squash Santiago e Club Ximnasia Oroso.
II Torneo Vila de Negreira
Inicio: 15:30 horas
Clubs participantes:
Escola Ximnasia Rítmica Negreira
Club In Mare (Pontevedra)
Club As Triscas (Pontevedra)
Escola As Triscas (Pontevedra)
Club Vila Pontevedra
Club Ximnasia Coruña
Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela
Escola Ximnasia Rítmica Compostela
Club Ximnasia Rítmica Oroso
Club Saraiba de Poio
Club ximnasia Rítmica Abegondo
Club Ximnasia Rítmica Carral
Club Ximnasia Rítmica Vilagarcía
Escola Ximnasia Arousa
Escola Deportiva Illa de Arousa
Club Arousa (Pontevedra)
Club Ximnasia Rias Baixas (Pontevedra)
Club Escuela Rosalía (Pontevedra)
Club Treboada (Pontevedra)
Escuela Rítmica Xiada (Pontevedra)
Club Ximnasia Xiada (Pontevedra)
Club Ximnasia Pavillón (Ourense)
Club Escola Ximnasia Pavillón (Ourense)
Escola Rítmica Grand Jeté
Club Acordes (Narón)
Club Ximnasia Porriño
Escola Ximnasia Porriño
Club Viravolta (A Coruña)
O Voluntariado Social do Concello de Negreira ofrecéullela posibilidade ao IES Xulián Magariños de levar adiante un obradoiro de primeiros auxilios, dirixido ao profesorado deste centro educativo de ámbito comarcal, a impartir por dúas voluntarias diplomadas en Enfermeiría, e que quenes contan coa experiencia na formación.
Este obradoiro vaise celebrar este martes 28 de marzo, a partir das seis do serán e, consta como é lóxico dunha parte teórica e outra práctica, dentro das cales afondarase en aspeitos como a valoración dos feridos, tanto dentro dun medio seguro coma non seguro, ou as manobras básicas de soporte vital (pediátricas e de adultos), e mailo método base, obstrucción aérea por copo extrano.
O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, recibiu hoxe na Casa do Concello a visita do Xefe de Servizo de Emerxencias do 112 na provincia de A Coruña, Víctor M. Vázquez Pérez, e maila Xefa da Área Técnica do 112, María Jesús Leiras, a fin de coñecer de primeira man, as principais necesidades e demandas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil creada en decembro de 2015.
Ao encontro asistiu unha representación dos voluntarios de Protección Civil, quenes agardan que na convocatoria de axudas de 2017 téñase en conta a solicitude para dotar á Agrupación dun vehículo propio e medios para que poidan desenvolver os seus operativos e intervencións co material e medios axeitados.
Páxina 205 de 248