A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, concedeu ao Concello de Negreira, no exercicio 2016, unha subvención por importe de 45.284´25 euros, para a obra: Vestiarios adaptados ao Pavillón Deportivo do Colexio Público “O Coto”.

 

A axuda concedida foi financiada pola Unión Europea, a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, baixo o lema: “Unha maneira de facer Europa”.

 

Acadaronse os obxectivos e os resultados da operación financidada que non eran outros que os de garantir a autonomía e a accesibilidade dos alumnos e alumnas do Colexio Público “O Coto”, evitando a discriminación e favorecendo a igualdade.

powered by social2s

gdr.jpgO Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, está a organizar un Plan de Formación en Marketing e Imaxe Corporativa, dirixido a poboación activa (ocupados e desempregados) principalmente vencellada ó sector comercial. 

 

Esta formación ten como finalidade, a mellora da imaxe dos establecementos comerciais, a través de obradoiros de escaparatismo  e empaquetado de produtos,  e tamén se vai a incidir na importancia da atención ó cliente, o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de promoción comercial.

 

Características do curso:

 

·         Carga horaria: 58 horas  (1 día a semana – 4h/día)

·         Comezo: Semana do 8 – 12 de maio.

 

O día e a hora estableceranse nas seguintes xuntanzas informativas dos lugares onde vanse a impartir:

 

En Negreira, o mércores 3 de maio, de 9:00 a 10:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11).

 

En Vedra, o xoves 4 de maio, de 9:00 a 10:00 horas, na sé de Terras de Compostela (Cibrán 4, San Xulián de Sales – Vedra).

powered by social2s

nenosescolainfantilabril.jpgVintedous nenos e nenas, das dúas aulas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal de Negreira, visitaron este xoves a biblioteca e maila emisora municipal Radio Negreira, na Casa da Cultura, acompañados das súas profesoras e maila directora do centro, dentro dunha saída programada co gallo do Día Internacional do Libro que se celebra este domingo 23 de abril.

 

nenosescolainfantilabril (1).jpg

 

Os pequenos/as coñeceron de primeira man a biblioteca e a súa oferta de libros en préstamo, así como pasaron un rato divertido nos estudos de Radio Negreira para cantar cancións. 

 

nenosescolainfantilabril (3).jpg

powered by social2s

futsala260417.jpgNegreira e A Baña acollen este sábado 29 de abril, a Fase Final Intercomarcal de Fútbol Sala Escolar do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia. Os encontros de semifinais xogaranse pola mañá nos pavillóns de Pedra Mámoa e San Vicenzo, mentras que pola tarde disputaranse as finais e os encontros polo terceiro posto, no pavillón de Pedra Mámoa. En total vanse xogar 14 partidos.

 

A competición dará comezo ás 10:00 horas en ambos pavillóns polas semifinais da categoría infantil, seguidas da benxamín (11:00 h), e por último a alevín (11:50 h), categoría na que Negreira conta co único equipo participante nesta fase final intercomarcal.

 

Partidos e horarios

 

horariofutsal.jpg

 

Quedades convidados/as a achegarvos ata os dous pavillóns municipais de deportes da comarca de Barcala, e pasar unha boa xornada de futsal. Ademáis, contades cunha ampla oferta de establecementos de restauración que farán mais cómoda a visita.

powered by social2s

jorgetuñas200417.jpgO Alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, vén de presentar hoxe a súa renuncia ó cargo, en virtude do acordo alcanzado no ano 2015 co partido Ciudadanos de Negreira, pola celebración do xuízo no que figura como investigado por unha suposta apropiación indebida de teléfonos móviles da súa anterior etapa como alcalde de Negreira, tralo anuncio realizado hoxe á veciñanza, a través da emisora municipal Radio Negreira.

 

Este venres 21 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase un Pleno Extraordinario e Urxente para dar conta da súa renuncia. O proceso para a elección de novo alcalde contempla un prazo máximo de 10 días para a convocatoria dun Pleno.

 

Asume a Alcaldía en funcións, o segundo tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, do Partido Socialista. O ata agora rexedor municipal, Jorge Tuñas Caamaño, seguirá formando parte da Corporación Municipal como concelleiro electo do PSOE.

powered by social2s