xornadas

O martes, día 28 de marzo, ás 11:30 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), unha sesión informativa para resolver dúbidas e trala cal, vaise a tramitar aos presentes, o certificado dixital da FNMT só de persoa física, pois os certificados de persoa xurídica non se tramitarán, a través de dúas funcionarias da Subdelegación do Goberno de A Coruña e do SEPE.

O certificado dixital é imprescindible para moitas xestións, e que só se pode tramitar na presenza física da persoa solicitante. Resulta de gran interese obter dito certificado dixital, posto que, facilita a xestión de trámites básicos da vida cotiá, que en moitos casos só se poden xestionar telemáticamente. Este día é obrigatorio para os asistentes levar consigo o DNI que acredite a súa identidade, e de cara a poder xestionar o trámite e contar cunha conta de correo electrónico que poida consultar in situ, a través do seu teléfono móbil, para facilitar ao persoal técnico, o código de emisión do certificado.

 

Attachments:
Download this file (Achegamento.pdf)Achegamento.pdf
powered by social2s

A Corporación municipal de Negreira celebra o luns, día 13 de marzo de 2023, sesión ordinaria do Pleno, a partir das 20:00 horas, coa seguinte Orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta da sesión extraordinaria de data 15 de decembro de 2022.
- Acta da sesión ordinaria de data 9 de xaneiro de 2023.
- Acta da sesión extraordinaria de data 8 de febreiro de 2023.

2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2023 ó nº 61/2023, ambos inclusive.

3º.- Dar conta do contrato asinado para a execución da obra “Renovación do alumeado exterior público no municipio de Negreira (A Coruña)-IDAE”.

4º.- Rogos e preguntas.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

ufd investiu

Destaca a ampliación da capacidade de suministro na zona de O Cotón

 

A distribuidora eléctrica UFD, pertencente á compañía Naturgy, investiu o pasado 2022 entorno a 300.000 € en actuacións de mellora de instalacións en Negreira, en aras de aumentar a capacidade da rede de distribución e optimizar a fiabilidade da subministración. Entre outras actuacións, UFD reformou os centros de transformación de Curxido, Cornado, Gonte e Campelo.

 

Unha das actuacións máis demandadas pola veciñanza que puso fin a longos anos de cortes eléctricos por mor dos efectos dos temporais da invernía, foi a ampliación da capacidade e reestructuración de toda a rede de distribución de baixa tensión na zona baixa de Negreira: Praza de Ferreiro, praza do Cotón e Vilachán de Abaixo, co obxecto de incorporar toda a subministración na propia rede de distribución do centro urbano para mejorar a calidade no servizo a particulares e negocios.

 

Precisamente para supervisar esta mellora longamente agardada poola cidadanía da zona de O Cotón, Vilachán, Ponte Negreira, O Corpachón, Patrocinio, Negreira e Negreiroa, o delegado de UFD en A Coruña, Emilio Castro, e mailo xefe de Operacións en Santiago, Fernando Fernández, visitaron Negreira onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, para inspeccionar os últimos traballos realizados. O alcalde agradeceu a UFD a súa colaboración co municipio “especialmente nos últimos anos con melloras tan importantes para Negreira como a retirada do centro de transformación e mailos contadores dende o interior do CEIP O Coto para o exterior do propio colexio, redundando nunha maior seguridade dos escolares, pois evita riscos e xa que logo era unha antiga demanda da comunidade educativa”, ao tempo que fixo fincapé nas últimas actuacións executadas por UFD na zona de O Cotón “que tanto tempo levaban reclamando os cidadáns para non ver interrompida a subministración cando se producen temporais, algo que aínda sucedeu o 31 de decembro pasado”, dixo Manuel Ángel Leis, congratulándose da colaboración con UFD que redundou no beneficio da veciñanza.

 

Emilio Castro destacou que o investimento realizado en Negreira “é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético do municipio, pois as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución, ademais de mellorar a fiabilidade do sumnistro eléctrico”, ao tempo que minimizan os tempos de agarda ante calquera incidencia.

 

UFD tamén aplicou novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de suministro, no telecontrol e sensorización das redes, ademais do robustecemento das infraestructuras e integración das redes de comunicación e sistemas de información coa rede convencional para optimziar a súa explotación. UFD instalou equipos de telexestión nos transformadores das avenidas das Brañas e Santiago, así como na rúa da Cachurra, en A Restreva e na zona do Campo da Feira, permitindo minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia.

 

powered by social2s

EDAR Negreiroa

A compañía concesionaria do servizo municipal de abastecemento e depuración de augas do Concello de Negreira, a santiaguesa Espina & Delfín, acaba de presentar o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga á primeira convocatoria de subvencións no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE). Comprende un total de vinte actuacións, cun orzamento de 12 millóns de euros e do cal poderían beneficiarse nove concellos galegos, entre eles, Negreira.

 

Este ambicioso proxecto pretende implementar a última tecnoloxía relacionada coa dixitalización do ciclo da auga en concellos de tamaño pequeno e medio, cunha poboación conxunta de máis de 80.000 habitantes. Os municipios elixidos son Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, sendo este último o concello tractor.

 

Trátase dun total de vinte actuacións que levarán a cabo nun prazo máximo de tres anos: telelectura de contadores de abonados, instalación de caudalímetros, analizadores de parámetros fisicoquímicos, sectorizaciones de redes, sistemas de información xeográfica (SIG) e intelixencia artificial (IA) para control de explotación e calidade, modelización de redes e xemelgos dixitais, etc.

 

A proposta inclúe tamén o emprego de novas plataformas de acceso á información para compartir datos coas Administracións e os usuarios finais e así maximizar a transparencia.

 

Con estas innovadoras medidas mellorará o estado das masas de auga grazas á diminución das perdas durante o seu transporte e distribución e á maior calidade da auga vertida, o cal axudará a mitigar as consecuencias do cambio climático.

 

EDAR Negreiroa

 

 

powered by social2s

concellos do camino de fisterra e muxia

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, seguirá ostentando a vicepresidencia da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, á que accede á presidencia o alcalde de Fisterra, José Marcote Suárez, tralos cambios adoptados na asemblea pola decisión do actual alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño de non presentarse á reelección.

 

Acompañan aos rexedores de Fisterra e Negreira, a concelleira de Cee, Emma Trillo Lojo, en calidade de secretaria, e o concelleiro do Concello de Corcubión, Lalo Insua, coma tesoureiro. En breve daranse a coñecer os novos plans que a entidade supramunicipal ten para este ano 2023.  

powered by social2s