O Concello de Negreira pechou a programación conmemorativa das Letras Galegas 2016 que vai desenvolverse en tres xornadas que arrincarán o luns 16 coa inauguración da exposición dos traballos realizados pola Escola Municipal de Pintura e Debuxo, a partir das 17:30 horas, no Centro Sociocultural. E a partir das 19.30 horas entregaransen os diplomas ó alumnado da escola, nun acto que a celebrarse no Auditorio, seguido da entrega de premios do XI Certame de pintura ¨Negreira en cor¨.
Recitado de poemas
O martes 17 na Praza do Concello, ás 13:00 horas, haberá un concerto co grupo de cámara Minuetto, intercalado coa lectura de poemas de Xosé M. López Ardeiro.
Concerto da Banda Ateneo
A terceira e última xornada é a do sábado 21 co concerto especial da Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, ás 20:00 horas no Auditorio, seguido pola entrega do IV Premio de poesía Xosé M. López Ardeiro.
O alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, vén de asinar o Decreto nº 101/2016 polo que aprobase a relación definitiva de admitidos/as nas prazas vacantes da Escola Infantil Municipal, para o curso escolar 2016-2017. Devandita resolución permanece exposta ó público nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello e maila Escola Infantil Municipal, así como na web municipal.
Trátase de catro bebés na aula de 0-1 anos; quince nas aulas de 1-2 anos, e seis, nas aulas de 2-3 anos.
Con motivo da próxima celebración das Eleccións a Cortes Xerais 2016, a celebrar o día 26 de xuño de 2016, procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.
A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral o comprendido entre o 9 e o 16 de maio próximo, ámbolos dous días inclusive.
A consulta e eventual reclamación contra as referidas listas efectuaranse na Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8:00 horas ata 15:00 horas.
Para calquer aclaración ou información adicional sobre o particular, pódese comunicar telefónicamente cos números 981 21 74 39/ 981 21 74 26 e 901 101 900.
A sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal de Negreira aprobou por unanimidade tódolos asuntos da orde do día, comezando pola constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, formada pola concelleira da Muller, unha técnica municipal, así como representantes da Policía Local e Garda Civil e, representantes dos centros educativos (colexio O Coto e instituto Xulián Magariños). A periodicidade das súas xuntanzas será semestral.
O Pleno convalidou o convenio de colaboración entre os concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra, de data 22 de marzo, agrupación mediante a cal accederán a subvencións da Xunta en materia de fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo. Tamén ratificouse o convenio de colaboración entre os concellos de Negreira e Val do Dubra para a participación conxunta nun programa de mobilidades transnacionais para prácticas laborais de mozos e mozas no extranxeiro, do que xa hai 22 persoas preinscritas. Os países de destino son: Portugal; Finlandia e Reino Unido.
A sesión deu luz verde á solicitude de bonificación máxima na cota do ICIO formulada pola empresa Gestión del Valor y Soluciones, S.L., para construir unha nave na parcela 28 do Polígono Empresarial. Acordouse concederlle a bonificación fiscal máxima do 95% acorde ao que inclúe a ordenanza municipal.
Propostas
A proposta do grupo municipal de Cidadáns, sobre a creación dun Intercambiador Modal de Transporte de Viaxeiros na zona próxima ó IES Xulián Magariños, foi aprobada por unanimidade, se ben, vaise estudar o anteproxecto xa redactado polos técnicos municipais na pasada lexislatura e avanzar de cara a súa futura execución, aproveitando a apertura da estrada entre o instituto e maila avenida de Santiago, un proxecto actualmente paralizado.
Cidadáns tamén demandou mediante outra proposta, unha solución á parálise que sofre a depuradora de Marcelle para a súa posta en funcionamento, xunto á limpeza periódica da finca na cal ubícase. O alcalde, Jorge Tuñas, díxo que o Concello vai a ordear a súa limpeza, ademáis de falar cunha empresa para poñela depuradora en funcionamento e que se elabore un censo para saber cántas vivendas están conectadas á mesma.
Rogos e preguntas
O Partido Popular solicitou un punto de luz para o lugar de O Rapote, por onde transcorre o Camiño de Fisterra, na parroquia de Broño, así como que o alcalde xestione coa adxudicataria da Piscina Climatizada, a posibilidade de que os usuarios/as da Fundación de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, poidan realizar actividades na mesma. O PP preguntou en qué estado atópase a solicitude para a implantación dunha biblioteca móbil aprobada polo Pleno, así como onde se atopan e porqué sacáronse as farolas do paseo fluvial. Igualmente, solicitouse información sobre o estado en que se atopa a moción aprobada polo Pleno sobre os camiños do Marco do Cornado e Braña da Pontella, ademáis de preguntar cando se van trasladar «definitivamente» as canastras que están no aparcadoiro do Pavillón de Pedra Mámoa cara a Praza das Brañas.
Cidadáns exisiu que se faga cumprir a ordenanza sobre terrazas en tódolos aspeitos, a excepción do aspeito fiscal que está pendente dunha modificación. José Manuel López Lago, voceiro de C´s sinalou que hai terrazas que teñen «cravos» nas beirarrúas, ou sillas e mesas que dificultan o tránsito de peóns e carros con bebés. Tamén pidiu a reparación de lousas soltas nas beirarrúas, especialmente na avenida das Brañas, pois xa provocou accidentes e caídas. Outro rogo é para que o Concello obrigue ás comunidades de veciños á reparación dos desagües pluviais dos edificios, posto que moitas edificacións verten directamente as augas pluviais á rúa, algo que sucede na avenida das Brañas, rúa do Carme, ou a Carreira de San Mauro.
No relativo á vía pública, o voceiro de Cidadáns demandou a regulación dos horarios de carga e descarga, no casco urbán, así como que se efectúen reparacións nos depósitos de auga de Landeira para evitar filtracións de auga na casa dun veciño.
Arredor dunhas setecentas persoas participan este sábado 7 de maio, no XXI Encontro dos Maiores que promove o Concello de Negreira, baixo unha gran carpa instalada no Campo da Feira, e cuxos actos comezarán cun concerto da Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, a partir das 13.15 horas, continuando cunha misa que se celebrará na Capela do Cotón. Acto seguido, comezará o xantar de confraternidade.
Ao longo da tarde contarase coa animación musical do dúo Meigas do Son, quenes amenizarán o baile dos participantes, ao tempo que haberá un recoñecemento para as dúas persoas (muller e home), de maior idade participantes.
Como tódolos anos haberá un servizo de buses que percorrerán as distintas zonas do concello para recoller aos participantes nos lugares de costume, para unha vez rematado o encontro regresar de volta. É requisito imprescindible que cada veciño/a presente o convite no momento de acceder á carpa.
Páxina 240 de 251