Se vos atopades coas tapas dos contedores verdes para o depósito de materia orgánica abertas, non as pechedes.

 

Desde o Concello de Negreira infórmase que desde hoxe mércores día 25 de marzo, o servizo de recollida de lixo, vainos deixar abertos para evitar o contacto entre os veciños e veciñas coas mesmas e así, previr os posibles contaxios do COVID-19.

 

O Concello agradece a colaboración da veciñanza con esta medida para evitar que haxa máis contaxios.

powered by social2s

Respecto á renovación do Documento Nacional de Identidade, a visitas do Equipo Móvil de expedición do DNI están suspendidas ata novo aviso.

 

Así, os DNI que caduquen dende o día 14 de marzo, a data do Decreto do estado de alarma, están prorrogados por un periodo de un ano máis, ata o 13 de marzo de 2021.

 

Aqueles DNI que estén caducados antes desa data, cando a situación se normalice, deben de renovalos, porque ditos documentos sí están caducados realmente.

powered by social2s

Propoñémosvos, que cando rematemos con isto, que remataremos máis pronto que tarde, saiamos a celebralo, nos pequenos comercios que hoxe están pechados e angustiados, nunha campaña conxunta da Asociación de Empresarios de Negreira e mailo Concello, baixo o título de: Reciclamos e conectamos.

 

Saiamos a mercar nas tendas da nosa vila, compremos unhas zapatillas, uns vaqueiros, un billete de lotaría, unhas lentes, algún detalle para o noso fogar que durante moitos días foi o noso refuxio.

 

Vaiamos a nosa perruqueira ou barbeiro, a facernos un novo corte de pelo, ou ao centro de estética a aplicarnos un tratamento, ou unha masaxe co noso físio que xa botamos de menos.

 

Saiamos e levemos aos nosos fillos e fillas ao parque, a mercar un libro ou simplemente unhas chuches.

 

Temos que encher as rúas, os bares e restaurantes, as terrazas... que non se vexan baleiras como estes días, debemos impedir que os autónomos e as pequenas empresas desaparezan.

 

“Queremos celebrar que finalmente podemos saír, que podemos abrir os nosos negocios, que isto pasou e que podemos seguir adiante.”

 

Queremos que para cando todo isto pase, a nosa vila transmita alegría e colorido, para iso propoñémosvos ambientala e decorala, con flores, moitas flores de cores, fagamos nosas propias flores con materiais que teñamos a disposición, materiais reciclados e así, lle damos un novo uso, e se tedes nenos na casa sería unha manualidade para facer en familia.

 

A data exacta non a sabemos, pero temos días para irnos preparando. Animádevos e, sobre todo desfrutádeo! que nos sirva de experiencia para demostrar que xuntos podemos facer cousas grandiosas! E ademais podemos convidar aos nosos familiares e amigos que estiveron traballando durante estes días para agradecerlles o marabilloso traballo e esforzo que realizaron.

 

#reciclamoseconectamos

Empresarios e veciños de Negreira

 

Máis información:

 

https://www.facebook.com/AsociacionEneEmpresariosdeNegreira/

powered by social2s

Dende este luns 23 de marzo, na segunda semana de confinamento pola situación de estado de alarma pola expansión do coronavirus, o Concello informa que vai a extender os traballos de desinfección por quendas de operarios, reducindo o risco de contaxios, aos lugares de maior tránsito da vila e, realizándose tanto en horario de mañá como de tarde nos accesos ao centro de saúde, supermercados, panadarías ou farmacias.

 

Para iso, cóntase con novo material que foi cedido ao Concello como catro equipos sulfatadoras a batería, doados por Comercial Antelo; e tamén, coa doazón de 100 litros de hipoclorito por parte da empresa Xema Galicia, que permitirá facer unha mistura de 50.000 litros con auga, coa particularidade de que os seus efectos de desinfección e hixiéne son por maior tempo. Un técnico de esta empresa acompañará ao persoal municipal para explicarlles como debe realizarse a mistura e maila súa aplicación.

powered by social2s

Recórdase a toda a veciñanza que seguimos en estado de alarma, e que está prohibido sair á rúa, polo que debemos permanecer confinados nos nosos domicilios, porque tan só se permite abandoar a vivenda en determinados casos.

 

Non é necesario sair a facer a compra a diario. Pódese e débese realizar para varios días, evitando así que haxa contacto social. Si saen á rúa poden facer todo de unha vez.

 

Estamos constatando que hai veciños que se pasan o día na rúa facendo os recados, algo que está totalmente prohibido polo que van a ser sancionados.

 

A denuncia mínima é de 601 euros, cada vez que se sae á rúa sen un motivo urxente, aménd e correr un serio risco de infectarse, polo que a persoa que sae constantemente, vaise a infectar e contaxiar aos fillos, ás parellas e a outros familiares que residen no mesmo fogar.

 

Por ti, polos teus, por todxs: #QuedaNaCasa

 

Hai xente que se xoga a vida por ti: #QuedaNaCasa

powered by social2s