Uns 150 nenos e nenas da provincia da Coruña participaron no I Torneo Provincial Xogade de Xadrez, en liña, dividido entre as categorías sub 10 e sub 14, celebrado nunha fase única o pasado sábado 18 de abril para a categoría sub 10 e no caso da sub 14 ademáis de celebrarse esta primeira fase, levouse a cabo unha fase final o domingo 19, no que se enfrontarían de maneira directa os catro primeiros clasificados da primeira fase.

 

En canto a primeira fase (na que se enfrontaban tódolos nenos contra todos (salvo os membros do mesmo equipo) na categoría sub 10 deu como resultado a seguinte clasificación:

 

1º XADREZ NEGREIRA  -  117 puntos.
2º CÍRCULO XADREZ NARÓN SUB 10  -  78 puntos.
3º PELETEIRO SUB 10  -  68 puntos.
4º ESCOLA DE XADREZ BRÉTEMA  -  68 puntos.
5º XADREZ BERTAMIRÁNS  -  61 puntos.
6º ESCOLA XADREZ COMPOSTELA SUB 10  -  50 puntos.
7º CLUB USC  -  50 puntos.
8º CLUB XADREZ ARTEIXO  -  38 puntos.
9º XADREZ OROSO SUB 10  -  33 puntos.
10º XIRIA CARBALLO  -  23 puntos.

 

A nivel individual destacar os 50 puntos de TREX-2010 (Narón), os 42 de Nico-Amado (Negreira), os 30 de Gaelinho (Bertamiráns) e os 30 de HugoDB (Negreira).

 

Respecto a categoría sub 14 como xa expresamos, procedeuse da mesma forma que na categoría sub 10 realizando unha primeira fase pero a maiores levouse a cabo unha segunda fase na que se enfrontaron os 4 primeiros equipos da primeira fase.

 

O resultado da primeira fase foi o seguinte:

 

1º BERTAMIRÁNS  -  107 puntos.
2º ESCOLA XADREZ COMPOSTELA  -  105 puntos.
3º XADREZ BRÉTEMA  -  105 puntos.
4º CLUB USC  -  94 puntos.
5º XADREZ LOUSAME  -  66 puntos.
6º CLUB XADREZ ARTEIXO  -  66 puntos.
7º XADREZ OROSO  -  52 puntos.
8º XADREZ PELETEIRO  -  41 puntos.
9º XADREZ VEDRA  -  38 puntos.

 

A nivel individual destacar os 36 puntos de Davidbrétema (Brétema), os 34 de Melonovich (USC), os 32 de Hugodomínguez (Bertamiráns), os 32 de Tonxadrez (USC), os 32 de Noelberta (Bertamiráns) e os 30 de NeryCereijo (E. X. Compostela).

 

Tras esta primeira fase enfrontáronse directamente nunha segunda, os 4 primeiros equipos, é decir, Bertamiráns, E.X. Compostela, Brétema e USC, sendo os resultados da seguinte forma:

 

 

 

CLASIFICACIÓN FINAL

 

 

MEDALLAS

 

Entregaranse unha medalla por participante, aínda que nalgúns casos incrementaranse o número de medallas, por existir un erro en lichess, no que non deixou participar a unha pequena parte de nenos.

 

 

powered by social2s

O Concello de Negreira pon a disposición dos veciños unha nova web sobre información do COVID19, con resposta as dúbidas que poden existir en relación a esta pandemia no noso Concello.

 

Teléfonos de interés, medidas preventivas e actividades durante os vindeiros meses, son algunhas das repostas que podes atopar nesta páxina.

 

Unha canle para estar en contacto cos distintos departamentos municipais nesta situación de emerxencia.

 

www.negreirasairadisto.es 

powered by social2s

Diante do confinamento nas nosas casas polo estado de alarma debido á crise sanitaria da Covid-19, desde a Escola Infantil Municipal de Negreira elaboraron este vídeo no que tanto a sua directora Belén como tódalas demais profes e coidadoras (Diana, Lourdes, Irene T., Cris, Elena, Mari Carmen, Clari, Sindy, Irene V, Paula, Noelia e Fani), queren mandar unha mensaxe de ánimo e do que botan en falta aos seus pequenos e pequenas.

 

E mentres #elasquedannacasa

 

Ver vídeo

powered by social2s

O bono social de luz está destinado ás persoas cunha situación económica complicada para poder pagar as súas facturas da luz con máis comodidade. Esta axuda ofrécea o Goberno de España para que as familias poidan beneficiarse dun desconto nos recibos de luz. As persoas que poden pedir o bono social son os consumidores vulnerables.

 

A normativa do bono social de outubro de 2017, o Real Decreto 897/2017 do 7 de outubro, indica que esta consideración outórgase a quen cumpre uns requisitos determinados en canto á súa situación familiar e o seu nivel de renda anual.

 

Máis información: https://selectra.es/energia/info/bono-social

 

O bono social térmico é unha medida proposta polo Goberno Español na que se dan axudas económicas ás persoas vulnerables e en risco de exclusión. Así, estas persoas e unidades familiares poderán facer fronte aos pagos das facturas de gas que teñan que ver coa climatización do fogar.

 

A axuda mínima do bono social térmico que determinou o Goberno serán 25 euros, pero esta contía pode verse aumentada dependendo do grao de vulnerabilidade da persoa e da Comunidade Autónoma na que estea, incrementándose ata nun 60% o valor inicial.

 

Máis información: https://preciogas.com/faq/bono-social-termico

 

O Abono Social telefónico ou de Telecomunicacións atópase dentro da Carta de Dereitos dos Usuarios dos Servizos de Telecomunicacións Electrónicas, no artigo 29, promovida por Real Decreto no ano 2009, e é un compoñente do Servizo Universal promovido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

 

O Servizo Universal é un conxunto de servizos básicos de Telecomunicacións promovidos polo Goberno que se prestan a todos os usuarios que o necesiten en relación ás súas circunstancias económicas. Dentro do Servizo Universal de Telecomunicacións, o Abono Social é unha bonificación para xubilados e pensionistas na liña telefónica fixa individual que se basea en dous aspectos: a redución do 70% da cota de alta da liña fixa e do 95% do pago mensual da mesma.

 

Máis información: https://www.comparaiso.es/manuales/abono-social-telefono

powered by social2s

Por segunda vez neste mes de abril, o Concello procede a tarefas de desinfección das dependencias interiores do Centro de Saúde e mailo Punto de Atención Continuada. Unha empresa especializada encárgase dos traballos para desinfectar as dependencias sanitarias a instancias do Concello de Negreira, comezando este xoves 16 polo PAC e o venres 17 pola tarde, nas dependencias da primeira pranta onde se ubican as consultas médicas e de enfermería do Centro de Saúde.

 

Novas achegas solidarias

O Concello segue a recibir doazóns de alimentos e axudas económicas para paliar as necesidades das familias máis vulnerábeis do noso municipio. As últimas achegas son unha doazón de 1.000 euros que compromete o Club de Tenis Negreira para axuda destinada a Servizos Sociais, e dous palés de leite, doados polos irmáns José Antonio e Miguel Villar, do Café Bar Fontana; e máis Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).

 

En nome de toda a veciñanza de Negreira, o agradecemento a tódalas persoas particulares, negocios, empresas e clubes deportivos, que ao longo desta crise sanitaria seguen mostrando o seu lado máis solidario coas entregas de material de protección e limpeza, alimentos e doazóns económicas para facer fronte ante as dificultades da poboación máis vulnerable.

 

#NegreiraSairáDisto

powered by social2s