O Concello de Negreira está a facer entrega a comerciantes, autónomos e empresas de Negreira, dun pack con material de protección na reapertura de establecementos dentro do proceso de desescalada, atendendo a solicitude da Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), cuxa presidenta Brenda Wilhelm, asistía ao acto formal de entrega deste material por parte do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis.

 

Este reparto será realizado por voluntarios de Protección Civil de Negreira en mais de douscentos establecementos. Cada pack inclúe: Dúas pantallas faciais; un xel desinfectante e, dúas máscaras modelo FFP2.

 

Desde o Concello de Negreira reiteramos o noso apoio ao tecido comercial e empresarial de Negreira para que poidan retomar a súa actividade coas maiores garantías de seguridade e hixiene ante devandito proceso de desescalada.

powered by social2s

O Concello de Negreira presenta unha programación das Letras Galegas adaptada a nova situación, con varias propostas para todos os públicos a través das nosas redes sociais.

 

Na semana adicada ó escritor Ricardo Carvalho Calero, a Delegación de Cultura deseñou unha serie de propostas que botarán a andar coa actuación musical de "Mamá Cabra" o venres 15 de maio, ás 19:00 horas dende o Facebook do Concello de Negreira.

 

Mamá Cabra

É un grupo de música infantil galego que iniciou a súa andadura no ano 2000. Dende entón editou oito traballos, tres de eles na Editorial Galaxia. O resultado de unir os temas más pegadizos de cada un deles é o recopilatorio Deveribés (un xogo de palabras, algo así como o mellor do mellor, “the very best”).

 

Os seus espectáculos musicais son moi participativos e a súa música é divertida e incorpora valores didácticos, como a adquisición de hábitos saudables, o desenvolvemento das capacidades psicomotrices a través do baile e os movementos coordinados. Os ritmos modernos (rock, pop, funk…) dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que seduce, desde hace máis de dez años, a miles de nenos e nenas, e as súas familias.
A idea orixinal naceu de Gloria Mosquera Roel, que preparaba cancións para as súas clases de educación musical.

 

Regueifas na rede

O sábado 16 ás 20:00 horas teremos no Facebook do Concello, a proposta de Alba María co reto de realizar "regueifas" sobre Carvalho Calero e colgalas nas RRSS.

 

¿Que é unha regueifa?

A regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña dos acabados de casar puxese a disposición dos que non foran convidados á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre os presentes era retarse dialecticamente entre elrs, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

 

O desafio da nosa convidada, Alba María, é o de animar a que a xente grave unha regueifa sobre Carballo Calero e o poda compartir nas redes.

 

Os versos, que deberán tratar sobre partes da obra de Carballo Calero, deberanse etiquetar como: #regueifalleaCarvalhoCalero.

 

Actuación de Patricia Iglesias 

Xa para o domingo 17 de maio propio día das Letras Galegas, presentamos unha actuación musical a cargo de Patricia Iglesias, ás 13:30 horas de novo no Facebook do Concello de Negreira.

 

Patricia Iglesias é unha cantante afincada en Negreira e cunha dilatada carreira musical. Formou parte de orquestras como Compostela (onde estivo tempadas), Marimba, Canadá, así como no Dúo Meigas do Son.

 

Na actualidade, a solista forma parte do elenco do espectáculo de Roi Casal "Son Galego Son Cubano", que xiran por todo o mundo.

 

Certame de poesía Ardeiro

O Día das Letras Galegas ábrese o prazo do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que este ano chega a novena edición.

 

O pasado ano o gañador foi o noiés Manuel López Rodríguez, nun certame que xa se consolidou como un dos máis importantes concursos de poesía galegos, que rinde homenaxe o ilustre poeta Logrosán.

 

Dende o 17 de maio ata o 3 de decembro de 2020, poderán presentarse os traballos.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira rematou o reparto de máscaras do modelo FFP2 - KN95 a toda a poboación censada no noso municipio, pero como queira que se deu o caso de vivendas onde non había persoas, infórmase que poderán solicitalas por teléfono nas oficinas do Concello (981 88 52 50) ou ben no número da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira (673 35 99 36), para que lle sexan entregadas conforme ao establecido no reparto a toda a cidadanía.

 

Asemesmo, lémbrase que o Concello seguirá facilitando máscaras de protección individual a aquelas persoas vulnerabéis que o precisen para unha visita ao médico ou atención sanitaria, para o cal deben chamar ó Concello en horario de mañá, e posteriormente seránlles entregadas por voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s

A Deputación da Coruña vén de retomar os traballos por 678.931 euros para a construción de 5 quilómetros de sendas peonís na estrada DP5603, de Negreira a Marco do Condado, pola que discorre o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

 

A este orzamento hai que sumar outros 119.116 euros que a institución provincial xa destinou á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

 

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realízanse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos: 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

powered by social2s

A Axencia de Turismo de Galicia está a elaborar a Ruta do cocido de Galicia para a que desde a Asociación Terras de Compostela agradecen que os establecementos de restauración que o queiran, indiquen os datos de cada restaurante que ofreza este produto típico de cara a incluílo na Ruta, entre todos aqueles que ofrezan cocido, en tempada ou durante todo o ano, para que aparezan neste dossier informativo e promocional que se está a elaborar.

 

Deben contactar con Chefa Fernández, da Asociación Terras de Compostela, no número de teléfono: 981 81 83 57.

powered by social2s