En virtude do convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais asinado entre o Concello de Negreira e maila Consellería de Medio Rural, con efectos ata o 31 de decembro de 2020, o Concello convoca o proceso de selección para a provisión en réxime de persoal laboral temporal das seguintes prazas para a creación dunha brigada de prevención e defensa:

 

- Un capataz de brigada

- Un peón condutor

- Tres peóns forestais

 

Os contratos terán unha duración de tres meses e a xornada compreta (40 horas semanais).

 

O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais, a contar dende o sábado 13 ao venres 19 de xuño ata as dúas da tarde, no Rexistro Xeral do Concello, ou a través da sede electrónica do Concello.

 

As bases deste proceso pódense consultar aquí.

 

Attachments:
Download this file (Bases-incendios.pdf)Bases incendios.pdf
powered by social2s

Infórmase que a partir do luns día 22 de xuño, a Piscina Climatizada de Pedra Mámoa reabrirá as súas portas ao público para recuperar a actividade nas súas instalacións coas medidas preventivas derivadas da pandemia da Covid-19.

 

Dende este luns 15 de xuño vai estar operativo o número de teléfono 981 885 675 para atender calquera consulta relacionada co uso da instalación e mailas actividades programadas, en horario de 10 a 13 horas.

powered by social2s

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos agrícolas atenderá no noso concello nas seguintes datas e horarios:

 

Pesadoira

   •   6 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   7 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   8 de xullo: 09:00 - 13:30 horas

 

Negreira – Campo da feira

  •   9 de xullo: 09:00 -  13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   10 de xullo: 09:00 - 13:30 horas

  •   13 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   14 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

 

Para solicitar cita previa:

 

Por teléfono: 902 30 90 00

 

A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

powered by social2s

O Concello de Negreira súmase á campaña de sensibilización Liberdade de Ser e Sentir!, impulsada desde Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual que se celebra cada 28 de xuño. Nesa semana colocarase a bandeira coas cores do arco da vella nos edificios oficiais.

 

Esta campaña está formada por mais de 50 concellos e entidades da nosa provincia e ofrece contidos de sensibilización sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero. Contaremos con palestras, recomendacións literarias, accións participadas online, web serie, etc.

 

Podedes seguila e desfrutala ata o propio día 28 de xuño na web seresentir.gal  

 

Durante este período irase subindo paulatinamente contido á web, onde xa están dispoñibles varios capítulos da serie web S.E.X., que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas..., e tamén a primeira das palestras, onde a xornalista Bárbara G. Vilariño entrevista á karateka Cristy Tojo:

 

https://youtu.be/Lr-AmAoPLtc

 

#seresentir

powered by social2s

Un Bando da Alcaldía informa do cambio de ubicación dos Plenos municipais a causa da situación xerada pola crise sanitaria da Covid-19 e tendo en conta a declaración do estado de alarma mediante o Real Decreto 463/2020, e as posteriores prórrogas decretadas, existe a necesidade imperativa de adoptar unha serie de medidas para frear a expansión da pandemia, sendo unha delas o mantemento da distancia social.

 

Considerando que o Salón de Sesións da Casa do Concello, polas súas escasas dimensións, non permite garantir a distancia mínima interpersoal, de dous metros, á luz de garantir a protección da saúde dos membros da Corporación e demais asistentes, e vista a necesidade da reanudación da celebración de plenos de xeito inmediato, a Alcaldía vén de aprobar o cambio de lugar de celebración das dúas sesións extraordinarias.

 

A nova ubicación é o Auditorio da Casa da Cultura, sito na Carreira de San Mauro, 11.

 

As dúas sesións extraordinarias celebraranse o luns, día 15 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas.

 

powered by social2s