Os concellos de Negreira e Val do Dubra veñen de asinar un convenio de colaboración para compartir os servizos que ofrece a Unidade de Atención Temperá, financiada pola Xunta de Galicia, e que polo tanto supón un aforro en gasto para os dous concellos. Este convenio permanecerá activo até o vindeiro 31 de outubro.

 

No acto de sinatura participaron os respectivos alcaldes, Manuel Ángel Leis Míguez e José Manuel Varela Ferreiro, así como as concelleiras de Servizos Sociais, María del Mar García e Rosa Parafita Romero, respectivamente.

 

 

Trátase dunha boa nova para os dous municipios xa que esta unidade facilita aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, e as súas familias, unha actuación transversal para o seu progreso continuado, flexible e contextualizado. Está integrada por: pedagogos, psicólogos; logopedas; fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais, a través dun traballo de diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos nenos/as para a mellora psicomotora, cognitiva e de comunicación.

 

No caso de Negreira, a súa actividade desenvolvese nas instalacións municipais da rúa de Castelao. Os luns, martes e mércores, de 9:00 a 14:00 horas; e os martes e mércores, de 15:00 a 18:00 horas.

 

powered by social2s

O torneo federado correspondente ao circuito "FF Raquet Sport" está organizado polo Concello de Negreira e o Club de Tenis Negreira. Con máis de 60 participantes repartidos nas categorías: Absoluto masculino; +35 e +55 masculino, así como benxamín e alevín feminino, desenvolverase dende hoxe luns 12 ata o 18 de abril, día no que se disputarán as finais. Este torneo da continuidade á iniciativa do Concello pola promoción do deporte da raqueta, consistente na creación do circuito composto por cinco torneos anuais que este ano viuse interrompido pola pandemia.

 

O torneo conta con todos os protocolos Covid19 da RFGT para a total seguridade dos participantes cumplindo con rigurosidade todas as recomendacións sanitarias.

 

En canto os tenistas cabe salientar a presenza do pontevedrés Iago Domínguez, número 186 de España como cabeza de serie numero 1 e tamén ao xogador amiense, Saúl Berdullas, número 260 do ranking nacional como cabeza de serie numero 2.

 

A pesar de que o torneo non ten premios en metálico, este ano volvemos a contar con xogadores de toda Galicia, procedentes de lugares como Nigrán, Pontevedra, A Coruña... que fan do torneo un bo escaparate do talento dos novos valores do tenis autonómico.

powered by social2s

Infórmase á veciñanza que debido aos traballos de limpeza anual do depósito xeral de auga potable de Negreira, o venres 9 de abril dende as 23:00 horas até as 6:00 horas do sábado 10 de abril, vaise a proceder a un corte na subministración de auga en toda a rede municipal de abastecemento.

 

Prégase desculpen as molestias que poidan ocasionarse, pois a rede considerarase en presión a tódolos efectos.

 

Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes números de teléfono: 981 881 569 e 626 986 941 do Servizo Municipal de Augas.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira, convoca unha sesión de carácter extraordinaria do Pleno que terá lugar, o luns día 12 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á Orde do día seguinte:

 

1º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.

2º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

3º.- Suspensión, para a anualidade 2022, do cobro da taxa pola expedición de documentos administrativos.

4º.- Suspensión, para a anualidade 2022, da ordenanza fiscal reguladora da taxa por control do exercicio de actividades ou servizos suxeitos a licenza, comunicación previa ou declaración responsable.

5º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de lixos.

6º.- Suspensión, para a anualidade 2022, da taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

 

powered by social2s

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Negreira retoma o martes 6 de abril, as súas actividades para as familias cunha obra de clown, ás 18:00 horas na entrada ao Centro Sociocultural da vila.

 

Trátase da representación "A verdadeira historia de Hamelín", a cargo de Mere Clown. Para asistir é necesario reservar praza no número de teléfono seguinte: 607 153 604

powered by social2s