A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras do PEL-Reactiva: Programa Específico de Apoio á Hostalaría e Axencias de viaxes, consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

 

- Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)

- Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes

- Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-Reactiva: Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

 

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), nº 72 do día 20 de abril de 2021 ou a través da seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.pdf 

 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio, ás 08.00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible, que é dun total de 9 millóns de euros.

 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

 

Lembrámoslle que na web https://pel.gal/ e no facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local.

 

powered by social2s

Os traballos executados polo Concello de Negreira supuxeron un investimento de 192.000 euros para a construción dunha nova rede separativa de pluviais e saneamento e a reurbanización desta céntrica rúa, dentro do Plan de Humanización das principais rúas da vila, grazas á aportación con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña. O seu presidente, Valentín González Formoso e mailo alcalde, Manuel Ángel Leis, supervisaron as obras completadas nas avenidas das Brañas e Barcala

 

Os traballos en Teresa Fabeiro, recentemente rematados, supuxeron un investimento de 191.906 euros, dos que o 80% (153.525 €) foron achegados pola Deputación e “servirán para evitar as inundacións que se producían cada inverno en sotos, garaxes e baixos comerciais e que afectaban a outras rúas adxacentes coma a rúa Rosalía de Castro ou a rúa de Castelao, así como para eliminar o retorno de augas fecais que afectaba ao CEIP O Coto debido ao exceso de caudal e a aos continuos atascos que se producían na anterior rede de saneamento”, segundo explicou o rexedor, quen agradeceu ao presidente que atendera esta antiga demanda da veciñanza.

 

 

As obras consistiron na construción dunha nova rede separativa de pluviais, que discorre ao longo de toda a rúa polas dúas marxes e que está dimensionada para evitar a carga excesiva que colapsaba a antiga rede, sobre todo das escorrentías da praza das Brañas, facilitando un mellor rendemento da depuradora e beneficiando tanto aos veciños da zona coma as instalacións educativas. Os traballos incluiron tamén a reurbanización da zona, o reasfaltado da rúa e o pintado das marcas viais, pasos de peóns e demáis sinalética.

 

Melloras na vila e no rural

Valentín González e Manuel Ángel Leis visitaron tamén os traballos que pavimentación que acaban de rematar nas avenidas das Brañas e da Barcala, que supuxeron un investimento de 187.741, 51 euros financiados con cargo ao Plan Único (POS+2019). As obras permitiron renovar o firme destas céntricas rúas cunha capa de aglomerado en quente de 6 cm de espesor e rego de adherencia, o que mellora notablemente a seguridade do tráfico.

 

O alcalde de Negreira anunciou ademáis que a vindeira semana empezarán tamén as obra de pavimentación da avenida de Santiago, cun investimento de 150.000 euros incluido no POS+2020 e un prazo de execución dun mes. González Formoso destacou “a importante contribución que o Plan Único supón para mellorar os servizos e infraestruturas municipais”.

 

 

powered by social2s

Co ánimo de axudar ás familias durante a pandemia do coronavirus, e de cara a promocionar o deporte e a cultura; tomouse a decisión de non pasar ó cobro a segunda cota das Escolas Deportivas e Culturais Municipais neste segundo trimestre de 2021.

 

Deste xeito, todas as persoas que estean anotadas nas referidas actividades municipais non terán que facer fronte o segundo pago das actividades que se extenderán até o 29 de maio de 2021.

 

A Delegación de Cultura e Deportes, seguirá aplicando todos os protocolos preventivos marcados pola Xunta de Galicia, demostrando que son seguros e necesarios.

 

Conscientes dos beneficios destas actividades, o Concello de Negreira anima a toda a veciñanza a seguir facendo deporte, ben sexa ao aire libre, interior, ou realizando as actividades culturais que mais lle gusten, sempre con #sentidiño.

 

powered by social2s

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, comunica á veciñanza os principais cambios nas restricións da pandemia sanitaria tralos últimos acordos do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia e que foron tomados este pasado martes e que entran en vigor na medianoite do venres 16 de abril.

 

powered by social2s

O Bono Social Eléctrico protexe aos consumidores máis vulnerábeis con descontos notables na factura da luz. Debido á situación na que nos atopamos actualmente, esta medida esténdese a persoas en situación de ERTE, paro, redución de xornada laboral, ademais de empresarios e autónomos.

 

O Bono Social é un desconto que varía segundo a situación de cada abonado. O desconto aplicado é dun 25% ata un 40% sobre a factura total. Esta porcentaxe pode ser aínda maior dependendo de diversas situacións máis coma o risco de exclusión social.

 

Por motivos da Covid-19, o Goberno de España amplía a categoría de consumidor vulnerable a persoas en situación de ERTE e paro, que padezan unha redución da súa xornada laboral, ademais do colectivo de empresarios e autónomos.

 

- Hai que ser titular da subministración eléctrica contratada na residencia habitual.

- Ter contratado o PVPC, é dicir, o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor.

 - Ser considerado consumidor vulnerable ou vulnerable severo (familia numerosa ou monoparental, pensionista, vítima do terrorismo ou da violencia de xénero, un membro da unidade familiar con discapacidade igual ou maior ao 33%, etc).

 - Non superar o consumo máximo de 345 kWh mensual e o 4.140 kWh anual.

 

Para máis información sobre esta axuda e outras:

 

Bono social https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/

Bono social telefónico -https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/

 

powered by social2s