A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), vén de iniciar a campaña “Súmate ao noso equipo” que abrangue os meses de xuño a setembro e que ten como principal obxectivo obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Esta cifra é constante todos os días do ano e coas doazóns obtidas garántese o axeitado desenvolvemento do intenso labor dos hospitais galegos grazas á solidariedade e xenerosidade de toda a cidadanía.

 

Con esta campaña de verán, a máis longa de todas cantas realiza ao cabo do ano ADOS, tentase chegar a meirande parte dos concellos de Galicia e aproximar o solidario xesto da doazón a todos os galegos e galegas. En Negreira, unha unidade móbil desprazarse o martes 29 de xuño, en horario de 9:45 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Como é habitual permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde.

 

Ademais, ADOS mantén operativos os seus sete locais de atención permanente nas sete grandes cidades galegas para, deste xeito, ofrecer as máximas facilidades e o mellor servizo a todos os doantes de sangue.

 

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas. Recoméndase á cidadanía que solicite cita previa no número de ADOS: 900 100 828.

powered by social2s

sede negreira

 

Este martes 15 de xuño entra en vigor o horario de verán na atención ao público nas dependencias municipais da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, e que se extenderá ata o día 15 de setembro co seguinte horario: De 08.00 a 14.00 horas.

powered by social2s

A Corporación Municipal de Negreira celebrará o luns, día 7 de xuño, ás 20:00 horas, unha sesión do Pleno, con carácter extraordinario, conforme á seguinte orde do día:

 

1º.- Toma de posesión da concelleira electa Teresa Duro Leis.

2º.- Toma de posesión do concelleiro electo Juan José Noya Rodríguez

3º.- Modificación da composición das Comisións Informativas Permanentes.

4º.- Modificación de representante nos Consellos Escolares Municipais.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

 corporacion municipal negreira xuno21

 A sesión de carácter extraordinario do Pleno da Corporación Municipal de Negreira celebrada este luns, día 7 de xuño, serveu para a toma de posesión dos novos concelleiros/as quenes xuraron o seu cargo como edís electos e de pleno dereito.


Teresa Duro Leis, número 8 da candidatura do PSdeG-PSOE sustitúe a María Josefa Vázquez Alende, trala súa renuncia. Pasará a formar parte da Xunta de Goberno Local como cuarta tenente de alcalde e asume as áreas de Educación e Sanidade, dentro do organigrama do Goberno Municipal, amén de ser designada como representante municipal nos Consellos Escolares.

Juan José Noya Rodríguez, número 7 da candidatura do PPdeG sustitúe a María González Gómez.

Ambos recibiron a benvida do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez quen desexoulles o mellor «e que traballades polos veciños, e é importante que na política haxa relevos». Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular, Rubén Suárez, deulle a benvida «a esta batalla dialéctica, sobre todo, pero temos que pensar que o que estamos a facer aquí é en prol dos veciños, en prol do noso concello e non podemos extrapolar o debate e as discusións que podamos manter na política ao plano persoal».

 

corporacion-municipal-negreira-xuno21-2.png

powered by social2s

 

Dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a Plataforma de Intermediación de Datos constitúe o leito natural de intercambio de datos entre as Administracións Públicas, que debe servir para liberar aos cidadáns de trámites administrativos innecesarios.

Atoparás nos adxuntos a esta información un documento sobre como acceder á información dispoñible de prestacións que constan no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, así como dos subsidios de incapacidade temporal, nacemento e coidado de menor.

Así mesmo, o Instituto Nacional da Seguridade Social (NSS), ofrece outros servizos que poden axilizar os trámites dos Gobernos Locais, poñendo en coñecemento dos cidadáns o modo de obter certificados de prestacións ou unha certificación negativa de pensionistas, sen saír de casa, vía SMS ou accedendo á seguinte dirección na Sede electrónica da Seguridade Social.


powered by social2s