Trinta e cinco nenos e nenas de Negreira recibirán o seu agasallo dos Reis Magos grazas á colaboración de persoas solidarias que de forma anónima recibiron unha carta na que un neno ou nena, pediu varios agasallos, dos cales, os participantes na campaña para axudar aos Reis Magos mercaron só un, de valor igual ou inferior a trinta euros.

 

A campaña estivo promovida dende o Servizo de Voluntariado, quen agradece o esforzo de todas as persoas participantes que no ano 2020 permitiu que 38 cativos e cativas tivesen un agasallo mediante esta campaña para axudar aos Reis Magos.

 

 

 

A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, valorou de “moi positiva” a colaboración de tantas persoas, e sinalou que “este compromiso demostra que existe unha enorme solidariedade para que ano tras ano, rapaces e rapazas de familias con escasos recursos, non queden sen o seu agasallo”.

 

Na campaña tamén participa o departamento municipal de Servizos Sociais e mailo Centro de Información ás Mulleres.

powered by social2s

A Xunta de Galicia abriu este luns 3 de xaneiro, primeiro día laboral de 2022, o prazo de solicitudes para as axudas á rehabilitación enerxética de vivendas en edificios existentes en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000. O prazo estará aberto ata o 30 de setembro.

 

Devandito programa conta cunha dotación total de 3,8 millóns de euros. As actuacións subvencionables realizaranse en edificacións localizadas en municipios de menos de 5.000 habitantes ou en concellos non urbanos de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000 veciños.

 

Os inmobles deben ter sido construidos antes de 2007 e poden ser vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva ou vivendas dun edificio consideradas individualmente. Poden beneficiarse desta liña de incentivos, cuxo importe concedido poderá chegar a cubrir ata o 100 % do custo das obras subvencionables.

 

Os traballos a executar deberán pertencer a unha ou varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso das enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

 

As actuacións que subvencione o Instituto Galego dá Vivenda e Solo no marco do PREE 5000 deberán conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto da situación actual do edificio e, ademais, mellorar a cualificación enerxética total do inmoble en, polo menos, unha letra. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter xa unha cualificación A.

powered by social2s

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, entregaron hoxe na sede da Deputación catro vehículos adaptados destinados a catro entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia, entre elas, á Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual “Comarca de Barcala”.

 

O vehículo que dispón de 9 prazas, destinarase ao transporte de persoas con diversidade funcional. O alcalde de Negreira, e vicepresidente da Fundación, Manuel Ángel Leis Míguez, recepcionaba o vehículo acompañado polo concelleiro do goberno da Baña, Manuel Landeira.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que a Unidade Móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao municipio de Negreira na seguinte data, horario e ubicación:

-        Data: Mércores 16 de febreiro

-        Horario: 9:00 a 13:30 pola mañá, e 15:15 a 18:00 pola tarde

-        Ubicación: Campo da feira

Para solicitar cita previa:


- Por teléfono: 902 30 90 00
- A través da web: 
www.sycitv.com – Cita previa

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

powered by social2s

O Concello de Negreira felicita as presentes festas de Nadal cunha postal que mostra unha imaxe nocturna da Pontemaceira, iluminada con motivo da declaración dun dos pobos máis bonitos de España, o 1 de agosto de 2020. A postal de Nadal atópase en todos os soportes dixitais nas RRSS como Facebook; Twitter e Instagram.

 

Así pois, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, felicita ás festas á veciñanza, visitantes e a tódalas administración; en nome da Corporación Municipal dende un dos monumentos emblema e máis visitados de Negreira, que é a porta de entrada dos peregrinos que percorren o Camiño de Fisterra e Muxía.

 

Bo Nadal e próspero ano 2022 desexámosvos a todos os veciños e veciñas, así como a todas persoas que visitades Negreira.

powered by social2s